Que é Pont-Up Store?

O Pont-Up Store é unha iniciativa de apoio ao emprendemento, impulsada pola Universidade de Vigo, e na que colabora o Concello de Pontevedra. Está aberto a toda a cidadanía, e centra os seus esforzos no incremento da cultura emprendedora na sociedade.

No marco do Campus Crea este encontro que é unha decidida aposta pola creatividade e o emprendemento persoal e da sociedade en xeral.

Tralo éxito das pasadas edicións, o Pont Up Store 2016 consolídase como ESPAZO DE REFERENCIA DO NOVO EMPRENDEMENTO en Galicia.

O evento celébrase do 22 ao 24 de setembro de 2016, na Praza de España de Pontevedra, está aberto o prazo para solicitar participar nela.

Por que ir ao Pont-Up Store?

Porque é unha experiencia única e transformadora na que se van a dar cita miles de persoas ao redor da creatividade, o emprendemento e as súas tendencias. Poderás participar nun extenso programa de charlas, mesas redondas, talleres, networkings e demostracións, con ponentes de primero nivel que veñen a compartir as súas experiencias, o seu coñecemento e o seu tempo coas persoas participantes. Un encontro onde ti serás protagonista.

Porque é o único evento galego onde se reúnen emprendedores/as, profesionais, estudiantes, inversores, institucións, empresas, patrocinadores e medios de comunicación, para apoiar a innovación, a colaboración, a formación, o financiamento e o emprendemento creativo.

Fai clic: Participa é gratuíto!

3 modalidades de participación :

1. SOLICITA UN STAND SEN CUSTO
2. PROPÓN ACTIVIDADES PARA O PROGRAMA
3. PARTICIPA NO SPEED DATING ‘PUNTAZO EXPRÉS’

Dirixido a: novos emprendementos con menos de 3,5 anos (42 meses) desde a creación da empresa.

Prazo de solicitudes: 30 de xuño de 2016

 

Máis información e contacto:

info@pontupstore.com
prensa@pontupstore.com

Web: http://pontupstore.com/

Nesta iniciativa colabora a Federación de Cooperativas Sinerxia, e Eusumo, entre outras organizacións.