CEPES e Laboral Kutxa impulsan dúas iniciativas: unha Liña de Financiamento, e un Estudo sobre a competitividade das empresas de Economía Social

A Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES) e Laboral Kutxa, no marco do convenio que teñen subscrito impulsarán a competitividade das empresas de Economía Social a través de dúas iniciativas. Por unha banda, Laboral Kutxa destinará 50 millóns de euros para favorecer o desenvolvemento da economía social española, a través da nova liña EaSI Economía Social, a de maior importe a nivel europeo, que facilitará a concesión de préstamos e contas de crédito a proxectos promovidos por empresas que teñan un impacto social positivo. Esta iniciativa apóiase nunha garantía pertencente ao Programa para o Emprego e a Innovación Social (EaSI), financiado pola Unión Europea.

Segundo se explica desde CEPES, o Fondo Europeo de Investimentos (EIF) non concede axudas directas ás empresas nin inviste directamente nelas, senón que selecciona aos colaboradores financeiros adecuados, a quen aporta garantías para cubrir os préstamos e créditos. Laboral Kutxa asumirá a función de conceder o financiamento favorecido por esta liña por un total de 50 millóns de euros.

Os importes das operacións favorecidas por este novo convenio non superarán os 500.000 € por cada empresa solicitante. O prazo máximo de devolución estableceuse en 10 anos para os préstamos e 3 anos para as contas de crédito. Non se solicitarán garantías hipotecarias e quedan totalmente excluídas as operacións de refinanciamento. Laboral Kutxa asumiu o compromiso de conceder o total do importe subscrito, 50 millóns de euros, nun prazo de 30 meses.

Os destinatarios desta nova liña de financiamento deberán acreditar volumes de vendas e activos en balance inferiores a 30 millóns de euros. En canto á forma xurídica, deberán enmarcarse na Lei 5/2011 de Economía Social: cooperativas, sociedades laborais, cofradías de pescadores, mutualidades, empresas de inserción social, centros especiais de emprego e fundacións ou asociacións que exerzan actividade económica.

A iniciativa pretende lograr un impacto social positivo e medible, para o que se estableceron unha serie de indicadores que teñen en conta o impacto xerado en función do tipo de actividade do solicitante do financiamento.

Máis información sobre a liña Easy Social

Nota: En Galicia polo de agora non hai oficinas de Laboral Kutxa, e aínda que esta entidade opera con Banca Electrónica, á hora de tramitar e contratar esta liña de financiamento habería que realizalo presencialmente nalgunha oficina da súa rede. As oficinas máis próximas (segundo a información que figura na súa web) serían en Oviedo, León ou Zamora.

 

Estudo sobre a competitividade da economía social española

Doutra banda, e en paralelo ao lanzamento desta nova liña de financiamento EaSI Social, CEPES e Laboral Kutxa puxeron en marcha un estudo sobre a competitividade da economía social en España, a través da ferramenta de autodiagnóstico COMPYTE.

 Coa aportación de Mondragon Unibertsitatea – Mondragon Innovation & Knowledge (MU-MIK), Laboral Kutxa diseñou un instrumento que permite a cada empresa medir o seu propio nivel competitivo respecto a súa competencia directa e, ademais, extraer as principais claves para poder elevar a súa competitividade a medio e longo prazo. 
Calquera empresa de Economía Social pode participar a través do enlace http://www.compyte.eus/ a través do cal poderá medir a súa competitividade ao redor de cinco factores clave (innovación, internacionalización, emprendemento, financiamento e persoas) e poderá realizar análises comparativos con outras empresas do sector. Está basado nun test disponible on line e gratuíto, que se vai adaptando en función de varios factores, tales como o sector, tamaño, antigüedade, nivel de crecemento, etc.

 

Fonte: web Observatorio Español da Economía Social.