Soster a vida en Palestina, oficio a oficio
Dende Coop57 Galicia chéganos a seguinte información e proposta da Campaña Daman, Soster a vida en Palestina, Oficio a Oficio. Fortalecemos as ferramentas da economía popular fronte á ocupación.
Coop57 e a Fundación Coop57 propuxémonos apoiar a autonomía palestina. Facémolo a través dunha ferramenta concreta da economía popular palestina, o proxecto DAMAN: un sistema de Garantía Solidaria de Crédito1 que garante os microcréditos de pequenas iniciativas —moitas delas lideradas por mulleres— mes- mo nun contexto de guerra e ocupación, cando o risco (de falta de pagamento) é tan grande que imposibilita o financiamento da actividade económica.
En Palestina, soster unha panadaría, un taller de costura ou un campo de oliveiras non é só unha forma de gañarse a vida: é unha forma de resistir. No medio dunha ocupación que arrasa terras, encarcera persoas, bombardea mercados e bloquea territorios, miles de palestinas e palestinos levántanse cada día para sementar, cociñar, coser, transportar, coidar. Son oficios que sosteñen a comunidades enteiras. E, por iso mesmo, tamén son atacados.
Para poder sacar adiante estes oficios, moitas persoas e as súas iniciativas, necesitan un pequeno investimento económico. Para iso creáronse microfinancieras palestinas (IMF) que conceden créditos, pero para que estas poidan continuar nun contexto tan hostil, necesitan certa garantía. A organización DAMAN é unha entidade sen ánimo de lucro palestina que actúa como rede de protección, cubrindo as perdas cando a ocupación impide que as palestinas poidan devolver o préstamo. Poñamos por caso que un mozo monta unha carpintaría e os colonos a destrúen, ou unha muller abre unha pequena tenda, pero o exército de Israel desprázaa a ela e á súa familia. DAMAN cobre unha parte importante do préstamo, asumindo ata o 80% da débeda pendente.
Desde Coop57 e a Fundación Coop57 cremos que a solidariedade financeira tamén é un recurso de resistencia e o crédito pode ser unha ferramenta de autonomía e coidado. É por isto que nos propomos lanzar unha campaña para recadar fondos que reforcen ese sistema de garantías e permitan que a economía social palestina siga en pé.
Porque mentres os nosos países financien o xenocidio e a ocupación co comercio de armas e silencios cómplices, as nosas redes poden financiar a economía popular que sostén a vida digna en Palestina.
Obxectivo
Propuxémonos unha primeira meta concreta: recadar 50.000€ a través dunha campaña, que se desenvolverá durante os meses de maio a setembro , a través de accións comunicativas que interpelan directamente a entidades de economía solidaria, redes de finanzas éticas e movementos sociais comprometidos con Palestina, co fin de sumar apoios e
ampliar o alcance desta proposta.
Presentación da Campaña: neste enlace – Presentación campaña Coop57 DAMAN
A economía popular palestina está a ser devastada pola ocupación e o xenocidio. Aínda así, o pobo palestino érguese cada día para soster á súa comunidade.
Porque o crédito tamén pode ser unha ferramenta de autonomía, coidado e xustiza internacionalista.
Porque mentres os nosos gobernos sexan cómplices coa ocupación e o xenocidio, nós financiaremos a vida que resiste, e porque cada oficio que resiste, sostén un pedazo de Palestina.
Colabora e axúdanos a difundir: https://summum.coop57.coop/gl/economiapalestina
Sobre DAMAN
DAMAN é unha entidade sen fins de lucro rexistrada en Ramallah, recoñecida pola Autoridade Monetaria Palestina, que desde 2015 fomenta o emprendemento no contexto adverso da ocupación israelí.
DAMAN conformou un sistema de Garantía de Crédito Solidario (CGS) que mobiliza recursos para asegurar que Institucións de Microfinanzas (IMF) palestinas sigan prestando servizos financeiros ás iniciativas de economía popular e solidaria, que están en situación de vulnerabilidade por mor das afectacións polas medidas e políticas de ocupación ilegal israelí (novas, mulleres, agricultores e cooperativas) en todo o territorio palestino (Cisxordania, Xerusalén Este e Gaza)
Leave A Comment