A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA),  organiza as seguintes actividades gratuítas de posible interese para cooperativas no mes de setembro en Santiago (ademais, a primeira delas poderá seguirse por videoconferencia nas aulas CeMIT):

Coñece que pode facer o software libre pola túa asociación 

O xoves 10 de setembro de 2015 de 17 h. a 20.30 horas, no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela. Tamén se poderá seguir por videoconferencia nas aulas CeMIT.

Destinatarios: Responsables, persoal e voluntarios de asociacións ou entidades do terceiro sector interesados na implantación de ferramentas para a mellora tecnolóxica.
Descrición: O nivel de informatización das entidades sociais en España pódese cualificar como medio. Se consideramos as restricións económicas que adoitan ter, sería razoable que o software libre tivese unha maior difusión entre elas, e moito máis tendo en conta as similitudes que este software ten coa visión social do terceiro sector.
Este seminario pretende contribuír a incrementar o coñecemento do software libre, da súa ética e de casos de éxito de uso deste, de forma que permita disipar os medos e vencer as resistencias que poidan estar freando a súa implantación e uso no terceiro sector.

Consulta o programa e a aula CeMIT máis próxima, fai clic : Coñece que pode facer o software libre pola túa asociación

 

Desenvolvemento de portais web con Drupal, nivel básico 

O martes 15 de setembro de 2015 de 10 h. a 14.00 horas e de 15.30 a 18.30 horas, no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela.
Destinatarios: Persoal técnico de asociacións ou entidades do terceiro sector interesado no desenvolvemento de webs co CMS Drupal.
Descrición: A través deste seminario, de carácter práctico, os asistentes poderán coñecer as características que fan de Drupal un CMS axeitado para o terceiro sector.
As persoas asistentes coñecerán os compoñentes tecnolóxicos, as funcionalidades e as vantaxes, a través de exemplos prácticos, de empregar Drupal no desenvolvemento de sitios web.

Consulta o programa, fai clic : Desenvolvemento de portais web con Drupal, nivel básico.

 

Monta a web da túa asociación con WordPress

O xoves 17 de setembro de 2015 de 17 h. a 20.30 horas, no Centro Demostrador TIC de Santiago de Compostela.

Destinatarios: Responsables, persoal e persoas voluntarias de asociacións ou entidades do terceiro sector interesados na implantación de ferramentas para a mellora tecnolóxica.

Descrición: Este taller céntrase en dar resposta aos puntos máis relevantes que unha asociación debe ter en conta cando planea arrincar un proxecto web en WordPress, como a importancia dunha estratexia de obxectivos; a selección dun dominio e dun aloxamento web a medida das necesidades; a adquisición dun tema adaptado á actividade; os plugins que se deben instalar en función do aliñamento e a consecución dos obxectivos planificados; os posibles cambios organizativos internos da asociación para atender as novas necesidades (xestión e mercadotecnia dixital); as leis (LOPD e LSSICE) etc.

Polo tanto, os obxectivos son varios: por unha parte, coñecer WordPress e a súa potencia e, por outro lado, ter claros os puntos anteriores á hora de tomar decisións que marcarán o éxito do proxecto. Con isto poderemos evitar problemas futuros cando nos poñamos a deseñar e publiquemos a nosa web, o que repercutirá nun aforro de tempo e diñeiro.

Consulta o programa, fai clic : Monta a web da túa asociación con WordPress