Sectoriais
En EspazoCoop existen varias sectoriais que agrupan cooperativas que comparten sector de actividade. Agruparse sectorialmente é unha forma de colaboración.
A creación e a organización de Sectoriais coas socias responde ao obxetivo de que a Unión favoreza a interrelación e os grupos de traballo independentes daquelas cooperativas que se poden agrupar polo tipo de sector e pola actividade que realizan.
As sectoriais de EspazoCoop reúnense regularmente para coordinar actuacións nos seus ámbitos. Entre os seus fins está fortalecer os procesos de sectorialización da entidade, procurar unha intermediación especializada e incrementar a interlocución nos eidos específicos de cada sectorial, reforzando a identificación de demandas e liñas de traballo específicas.
Sectorial de Ensino
As cooperativas de ensino contan cunha sectorial propia dentro da Unión. O seu representante político é un dos membros do consello reitor de EspazoCoop, Miguel Anxo Filgueira Touriño, socio de Adigna s. coop. galega (Colexio Abrente).
Sectorial de Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente
EspazoCoop conta ademais con outra sección conformada polo grupo das cooperativas do sector de cultura, turismo, ocio, patrimonio e medio ambiente, a súa portavoz forma parte do consello reitor da Unión, María Emilia Candal Bouzas, socia de Urdime s. coop. galega.
Sectorial de Consumo
En EspazoCoop existe unha sección conformada polas cooperativas de consumo, a súa portavoz forma parte do consello reitor, José Antonio Eiras Vila, socio de Nosa Enerxía s. coop. galega.
Sectorial de Asesorías e Consultoras
A Unión de Cooperativas EspazoCoop conta coa sectorial conformada polo grupo das cooperativas do sector asesorías e consultorías, a súa portavoz forma parte do consello reitor, Claudia Rodríguez, socia de Alén s. coop. galega.
Sectorial de Ensino
Sectorial de Cultura, Turismo, Ocio, Patrimonio e Medio Ambiente
Sectorial de Asesorías e Consultoras