REAS Galicia en BioCultura | 2-4 marzo, A Coruña

/, Novas do cooperativismo/REAS Galicia en BioCultura | 2-4 marzo, A Coruña

Este ano BioCultura, a feira de produtos ecolóxicos e de consumo responsable máis importante de España,  chega a Galicia por primeira vez, será a fin de semana do 2 ao 4 de marzo en A Coruña e espera alcanzar 13.000 visitas.

En BioCultura A Coruña participan 200 expositores adicados aos sectores da alimentación ecolóxica, cosmética eco-natural, moda sostible, terapias complementarias, bioconstrucción, economía do ben común e ecoloxía.

Neste espazo poderás visitar no stand 206REAS Galicia, rede da que a Unión de Cooperativas EspazoCoop forma parte. Alí coñecerás outras formas de facer empresa e economía, poderás coñecer que é a Economía Alternativa e Solidaria, que entidades forman parte desta Rede, que produtos e servizos che ofrecen, ou que principios de funcionamenteo teñen. REAS, ademais, compartirá posto cun dos referentes en banca ética Fiare Banca Etica (GIT de Fiare en Galiza) e coa cooperativa Nosa Enerxía comercializadora de enerxía eléctrica de orixe renovable certificada.

En BioCultura tamén terán presenza nos diversos expositores as cooperativas galegas, entre elas, as socias da Unión Simbiosis,  Milhulloa e Labregos Daiquí, ademais da xa citada Nosa Enerxía.

Paralelamente á exposición, celébranse máis de 150 actividades abertas a todas as persoas asistentes, entre as que destacan o showcooking eco-gastronómico, o festival da infancia Mamaterra, os talleres de cosmética eco-natural da Red EcoEstética e de moda sostible no showroom de Planeta Moda ou as xornadas para profesionais.

O sector bio ven a toda velocidade! Non perdas o tren!

Toda a información en: www.biocultura.org

 

Deje su comentario

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies