Novo portal da Economía Solidaria, REAS

//Novo portal da Economía Solidaria, REAS

A nova web cambia de estrutura e de deseño gráfico para responder aos novos retos que ten o movemento da Rede de Economía Alternativa e Solidaria (REAS), incluíndo tamén de forma singularizada toda a actividade do Mercado Social. O portal realizouse grazas ao financiamento recibido a través dunha campaña de crowdfunding.

O portal da Economía Social e Solidaria (ESS), é un medio de comunicación que nace en 1997 impulsado por REAS, para informar e dar visibilidade ao movemento de Economía Solidaria, co obxectivo de ser un vehículo interactivo e participativo por todas as entidades e persoas que desexan un modelo económico máis xusto, humano, ecolóxico, social e solidario.

Ao longo dos anos o portal adaptouse aos novos retos e potencialidades da ESS, para seguir sendo unha ferramenta útil de promoción e visibilización doutras prácticas económicas. Con máis de 660 mil visitas e 296 mil persoas usuarias en 2016, trátase dun dos portais de referencia, non só do Estado español senón tamén de América Latina. Así, ante unha demanda que non fai máis que crecer e un movemento que cada día esperta máis interese entre a cidadanía, este portal marcouse en 2017 un reto ambicioso: unha nova plataforma web á altura deste crecemento, financiada pola súa propia base social.

Grazas ás aportacións de centos de persoas, a ESS ten un novo portal onde podes atopar:

Novas: Lugar de publicación diaria das noticias máis destacadas da ESS, o mellor xeito de estar ao día das súas novidades, propostas e debates.

Eventos: A través deste espazo poderás estar ao día das principais actividades e eventos da ESS a nivel estatal e mundial.

Biblioteca: Os seus máis de 90.000 contidos sitúana cunha das principais bases bibliográficas da ESS, onde atopar todo tipo de artigos, publicacións e materiais audiovisuales en materia de comercio xusto, consumo responsable, finanzas éticas, políticas públicas, cláusulas sociais…

Ferramentas: A ESS constrúese día a día a través de múltiples ferramentas. Ofrecémosche un amplo listado dos principais lugares de referencia.

Entidades: Mapa interactivo onde atopar por nome, actividade e territorio a información básica das entidades da ESS.

Ademais, podes acceder a información xerada por este portal suscribíndote ao seu boletín.

Esta plataforma integra tamén o espazo de REAS Rede de Redes e o portal do Mercado Social, onte podes navegar para coñecer máis sobre a rede de referencia estatal da ESS e a maior rede estatal para producir e consumir de xeito responsable.

[ A Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte de REAS, a Rede da Economía Alternativa e Solidaria ]

 

 

2018-01-19T17:44:21+00:00 19/01/2018|Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies