O acto celebrarase o 4 de decembro no Consello Económico e Social e terá como obxetivo coñecer as medidas que as Institucións Europeas impulsarán os próximos cinco años en materia de Economía Social.

A conferencia internacional, titulada “a empresa como axente da economía social; a futura axenda das institucións europeas”, está organizada por CEPES e conta co apoio do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, en concreto da Dirección Xeral do Traballo Autónomo, da Economía Social e da RSE, na cal analizarase a axenda das institucións europeas en materia de fomento da Economía Social, así como as iniciativas a favor das empresas sociais como axentes da Economía Social.

A Unión de Cooperativas de Traballo Asociado Ugacota, asistirá a este evento.  E nel daranse a coñecer as medidas que a Unión Europea desenvolve a favor do conxunto da Economía Social para o período 2015-2020.

Abordaranse as prioridades de traballo que o Comité Económico e Social Europeo (CESE) está elevando ás institucións comunitarias a favor do recoñecemento das denominadas ‘empresas sociais’ como axentes da Economía Social. Tamén se analizarán as iniciativas comunitarias a favor das empresas sociais como axentes da Economía Social, así como as diferentes lexislacións existentes nos Estados Membros.

As diferentes lexislacións existentes nos países comunitarios en materia de Economía Social e “empresas sociais” tamén serán analizadas. Igualmente os máximos dirixentes do sector da Economía Social Europea e española exporán os retos que ten o sector da Economía Social e das Empresas Sociais en Europa.

Fai clic : Conferencia Internacional Cepes – 04/12/14

As conclusións desta conferencia servirán para realizar propostas que a Economía Social trasladará á UE para desenvolver  este sector económico, que supón o 15% do emprego comunitario trala constitución da nova Comisión e do Parlamento Europeo.

A conferencia internacional contará coa presencia, entre outros, do presidente do CES, Marcos Peña; do Director Xeral do Traballo Autónomo, da Economía Social e da RSE, Miguel Angel García, da conlleira do Comité Económico e Social Europeo, Ariane Rodert; do xefe da Unidade de Emprendemento e Economía Social da Comisión Europea, Marko Curavic; un representante do Parlamento Europeo ou do presidente de CEPES, Juan Antonio Pedreño.

As inscripcións pódense formalizar a través do banner de web de CEPES:  http://www.cepes.es/evento_cepes=154

Máis información : e-mail : jornadas@cepes.es – Telf. : 91 5930412 .