Algalia s. coop. galega, busca asesor/a económico, quéreste sumar?

Desde o área de asesoría de Algalia, xurde a necesidade de incorporar unha persoa ao seu equipo de asesores/as. O proceso de selección ten por obxectivo o incremento de persoal no equipo de asesoramento económico situado en Santiago de Compostela.

Na área de asesoría de Algalia, na que se prestan servizos de asesoramento económico, laboral e xurídico a entidades pertencentes a economía social, necesitan incorporar unha persoa. Para iso buscan a unha persoa que se axuste ao perfil de asesor/a económico que definen neste documento, fai clic aquí,  para que se integre nun equipo humano que está comprometido cos principios e valores da economía social, que poida contribuír e achegar valor no desenvolvemento da nosa misión que é a de “mellorar a calidade da xestión e dirección no sector da economía social, xerando eficiencia e confianza a través de servizos especializados e integrais.”

Todas aquelas persoas interesadas, poden remitir os seus CV ao correo algalia@algalia.com (Celso Gándara – Xerente de Algalia)