AESGAL presenta o seu concurso “Proxectos Visibles”

//AESGAL presenta o seu concurso “Proxectos Visibles”

A Asociación que agrupa as Sociedades Laborais en Galicia, AESGAL, ven de por en marcha unha nova iniciativa, trátase do concurso Proxectos Visibles, un concurso de vídeos, imaxes e presentacións de proxectos sociais e de iniciativas empresariais da economía social, con dúas categorías diferentes.

Valorarase, en primeiro termo, a creatividade e orixinalidade das propostas. Tamén se terá en conta a presentación de materiais conforme aos estándares tecnolóxicos aconsellados nas bases. E, por último, destacaranse aqueles proxectos que potencien os valores da economía social tanto de cara a proxectos empresariais como a proxectos sociais.

O premio consistirá nunha campaña en internet para dinamizar a  iniciativa empresarial  ou social do ámbito da economía social gañadora. O  vídeo, imaxe ou presentación premiados avaliarase para ser lanzado na rede coas melloras e complementos necesarios para a súa presenza en Internet.

Tes toda a información na web do concurso: Proxectos Visibles

2013-09-13T13:59:28+00:00 13/09/2013|Novas do cooperativismo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies