A cooperativa Cidadanía lanza unha oferta de emprego

/, Novas do cooperativismo/A cooperativa Cidadanía lanza unha oferta de emprego

 

 

A cooperativa Cidadanía precisa incorporar proximanente unha persoa para desenvolver tarefas de apoio en proxectos.

– Con formación e experiencia en traballo de equipos, animación e dinamización social, e procesos de participación.
– Dispoñibilidade para viaxar.
– Dominio de idioma galego (falado e escrito).
– Centro de traballo en Santiago de Compostela.

Enviar currículo ao enderezo cidadania@cidadania.coop ata o día 5 de marzo de 2018.

 

Cidadanía é unha cooperativa de profesionais das ciencias sociais que desenvolve labores de consultoría, participación social, investigación e formación.  A democracia é o corazón do proxecto profesional de Cidadania.

Ademais, realizan labores de investigación social e consultoría pública para organizacións e Administracións Públicas principalmente. Tamén desenvolven labores de formación, sobre todo nos ámbitos de mellora organizativa para entidades sen ánimo de lucro e da Economía Social.

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies