Bolsas de xerencia en cooperativas | Convocatoria 2017

Inicio/Destacados/Bolsas de xerencia en cooperativas | Convocatoria 2017

A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop ofréceche un recurso gratuíto, abre a convocatoria de Bolsas xerenciais en Cooperativas.

Esta convocatoria está dirixida a:  cooperativas, con prioridade para cooperativas socias de Espazocoop.

  • Queres contar cunha persoa titulada con formación empresarial, durante 6 meses, para realizar funcións xerenciais e mellorar este ámbito da cooperativa?
  • Sodes unha cooperativa que quere mellorar e impulsar a área da xerencia?
  • Non contades con persoal cualificado e específico para desempeñar a xestión empresarial e directiva da cooperativa?

Solicita unha bolsa xerencial, prazo: 28 de abril de 2017.

Contar cunha persoa bolseira dará a posibilidade de analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da cooperativa, e o fará co apoio dunha persoa titora de Espazocoop, en coordinación coa cooperativa e adaptándose ás necesidades e demandas desta.

Fai clic, para descargar: Convocatoria de Bolsas de xerencia en Cooperativas 2017
Fai clic, para descargar: Solicitude de Bolsas 2017
Fai clic: Formulario de datos da cooperativa (necesaria a súa cumprimentación en liña para formalizar a solicitude)

 

Sabías que menos do 25% das cooperativas de traballo galegas conta con xerencias profesionalizadas?

As bolsas xerenciais teñen amosado que son unha ferramenta de utilidade, as cooperativas que xa participaron consideraron moi positiva a experiencia, tanto o apoio que deu aos seus proxectos cooperativos, como os resultados do traballo feito polas persoas bolseiras, contribúen a esa valoración.
A diagnose feita para a cooperativa, as propostas de mellora que se plantexaron, incluso que se levaron a cabo, así como a aprendizaxe mutua no ámbito xerencial que experimentan, fan que lles resulte un instrumento de apoio na evolución empresarial ben interesante. O balance acumulado, lévanos a dar continuidade ao programa e a por en marcha unha nova convocatoria.

Convoca:
Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas.

Colabora:
Coceta – Fondo Social Europeo.

2017-05-16T11:43:14+00:00 10/04/2017|Destacados|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies