Certame Cooperativismo no Ensino 2017

/, Destacados, Espazo Coop/Certame Cooperativismo no Ensino 2017

A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca este certame que está dirixido ao alumnado e profesorado dos centros educativos de Galicia, co obxeto de promover e difundir o cooperativismo. Poderán presentar os traballos, para o fomento do cooperativismo, nas seguinte modalidades:

Alumnado de infantil, primaria e educación especial: Modalidade de debuxo, pintura, maquetas, fotografía ou vídeos. 4 premios (2.000 € cada un) e 4 accésits (1.000 € cada un).

Alumnado de educación secundaria obrigatoria e educación especial: Modalidade de actividades cooperativizadas. 2 premios (2.000 € cada un) e 2 accésits (1.000 € cada un).

Alumnado e profesorado dos centros de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial: Modalidade de proxectos empresariais cooperativos. 1 premio ao mellor proxecto (4.500 € ) e 1 premio ao proxecto finalista (2.500 €)

Poden participar no certame os centros educativos de educación infantil, primaria, secundaria obrigatoria, educación especial, formación profesional e de ensinanzas de réxime especial de Galicia.

O prazo de presentación de solicitudes e de traballos remata o 30 de abril de 2017.

Descarga as bases: Certame Cooperativismo no Ensino 2017

 

Fai clic: Cartel Cooperativismo no Ensino

 

 

2017-04-19T19:16:02+00:00 7/02/2017|Convocatorias, Destacados, Espazo Coop|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies