SERVIZOS A COOPERATIVAS SOCIAS

Servizos incluídos dentro da cota de asociada

  • Representación e interlocución institucional, somos unha entidade de segundo nivel que agrupa a
    cooperativas de Galicia e formamos parte de diversas organizacións do mundo cooperativo e da economía social o que permite estar nos principais foros e organismo, e en entidades de interese, para defender e representar ás cooperativas e o cooperativismo a nivel galego, estatal e europeo.
  • Información de interese sobre cooperativas e cooperativismo para afiliadas mediante comunicados e
    o boletín.
  • Servizo de consultas especializadas, de temas puntuais sobre lexislación e normativa cooperativa, de
    fiscalidade, de xestión societaria, laboral e contable do modelo de empresa cooperativa.
  • Información e consultas puntuais sobre financiamento ético e cooperativo.
  • Información de convocatorias.
  • Información de subvencións, axudas e licitacións.
  • Espazos de traballo para uso puntual, na rede de oficinas de EspazoCoop en A Coruña, Santiago e
    Vigo, e na Rede COOPWorking de Coceta no territorio estatal.
  • Oferta de cursos gratuítos xestionados pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, formación
    cooperativa e formación continua, presencial e telemática, a través da Aula virtual de EspazoCooop, e
    tamén ofertas formativas da Confederación -Coceta-.
  • Inclusión no Directorio de Cooperativas Socias, presenza en internet a través da web de EspazoCoop e promoción en redes sociais.
  • Acceso preferente a socias que demanden programas gratuítos de consolidación e asesoramento de
    cooperativas, como son os plans de mellora, entre outros.
  • Difusión de todas as iniciativas desenvoltas por EspazoCoop e produtos resultantes (guías, manuais,
    publicacións, vídeos…).
  • Participación en iniciativas de inter-cooperación, como son as sectoriais, ou os programas de fomento
    da colaboración entre cooperativas e a economía social e solidaria, en distintos ámbitos para xerar
    oportunidades e vantaxes.
  • Asesoría xurídica en materia educativa, para cooperativas de ensino.
  • Participación nas Asembleas da Unión de Cooperativas EspazoCoop, con voz e voto.