Como poñer en marcha unha cooperativa?


O paso previo para a posta en marcha dun proxecto cooperativo é que o grupo promotor leve a cabo a análise da viabilidade da idea mediante o desenvolvemento dun Plan de empresa no que participe todo o grupo.

Unha vez levado a cabo este estudo (de mercado, organizativo e financeiro) e coñecendo o grupo polo miúdo as características da fórmula cooperativa, pódense iniciar os trámites para a constitución da mesma.

Pasos



A secuencia dos pasos a seguir sería a seguinte:

1| Configurar un grupo promotor cooperativo.


2| Análise da viabilidade da idea.


3| Solicitude do nome da cooperativa.


4| Elaboración do proxecto de estatutos sociais (modelo de estatutos segundo a tipoloxía de cooperativa)


5| Celebración da asemblea constituínte (Modelo de Acta – Modelo de Acta para cooperativa xuvenil)


6| Cualificación previa do proxecto de estatutos (opcional e recomendable. Modelo de solicitude de cualificación previa de Estatutos). Acompañarase ao proxecto de estatutos certificado negativo de nome e acta de asemblea constituínte. A cualificación previa se pode facer por sede electrónica, sempre que todos os documentos (acta + solicitude) vaian firmados dixitalmente.


7| Solicitude de CIF provisional (AEAT)


8| Apertura dunha conta bancaria. Achegas iniciais ao capital social. Certificado.


9| Escritura pública de constitución ante notario/a, excepto para as cooperativas xuvenís. Os aranceis están bonificados segundo Disp. adicional terceira da Lei de Cooperativas de Galicia.


10| Liquidación do I.T.P.A.X.D. (Exento:cota cero, Consellería de Facenda. Formulario)


11| Solicitude de inscrición no Rexistro de Cooperativas. (Débese pagar unha Taxa)


12| Solicitude do CIF definitivo (AEAT).


13| Documentación social:  Libro de rexistro de persoas socias – libro de actas da asemblea xeral – Libro de actas do consello reitor – outros libros. Solicitude de legalización de libros. Taxa.


14| Resto de trámites de inicio de actividade : Declaración censal, inicio de actividade,alta na seguridade social, permiso municipal de apertura de establecemento, comunicación de apertura do centro de traballo, libros de visitas da inspección de traballo e seguridade social …