A cooperativa é unha sociedade de capital variable que, a través do exercicio de actividades socioeconómicas, desenvolve unha empresa de propiedade conxunta de todas as/os socias/os. A súa finalidade consiste en prestar servizos e satisfacer necesidades e aspiracións das súas persoas socias, mediante a súa participación activa, e en interese pola comunidade. Contan cunha estrutura e xestión democráticas, en réxime de libre adhesión e baixa voluntaria, distribuíndose os resultados económicos en función da actividade cooperativizada realizada. Calquera actividade económico-social poderá desenvolverse mediante unha sociedade cooperativa. As cooperativas teñen que se axustar no seu funcionamento aos principios formulados pola Alianza Cooperativa Internacional.
Estes son:
Primeiro Principio: Asociación aberta e voluntaria
As cooperativas son organizacións voluntarias abertas para todas aquelas persoas dispostas a utilizar os seus servizos e dispostas a aceptar as responsabilidades que conleva a asociación sen discriminación de xénero, raza, clase social, posición política ou relixiosa.
Segundo Principio: Control democrático das persoas socias
As cooperativas son organizacións democráticas controladas polos seus socios e socias quenes participan activamente na definición das políticas e na toma de decisións.
As mulleres e homes elixidos para representar a súa cooperativa, responden ante tódalas persoas socias.
Nas cooperativas de base as persoas socias teñen igual dereito de voto (unha persoa, un voto), mentres nas cooperativas doutros niveis tamén se organizan con procedimentos democráticos.
Terceiro Principio: Participación económica das persoas socias
As persoas socias contribúen de xeito equitativo e controlan de maneira democrática o capital da cooperativa. Polo menos unha parte dese capital é propiedade común da cooperativa.
Usualmente reciben unha compensación limitada, se é que así se establece, sobre o capital suscrito como condición de pertenza.
As persoas socias asignan excedentes para calquera dos seguintes propósitos: Desenvolvemento da cooperativa mediante a posible creación de reservas, da cal polo menos unha parte debe ser indivisible; os beneficios para os membros en proporción coas súas transaccións coa cooperativa; e o apoio doutras actividades segúndo o aproben as persoas socias.
Cuarto Principio: Autonomía e independencia
As cooperativas son organizacións autónomas de axuda mutua, controladas polas súas socias e socios.
Se entran en acordos con outras organizacións (incluíndo gobernos) ou teñen capital de fontes externas, lévanos a cabo en termos que aseguren o control democrático por parte das persoas socias e manteñan a autonomía da cooperativa.
Quinto Principio: Educación, formación e información
As cooperativas brindan educación e entrenamento as súas socias e socios, dirixentes electos, xerentes e empregadas/os, de tal xeito que contribúan eficazmente ao desenvolvemento das súas cooperativas.
As cooperativas informan ao público en xeral, particularmente á xente nova e creadores de opinión, acerca da natureza e beneficios do cooperativismo.
Sexto Principio: Cooperación entre cooperativas
As cooperativas sirven as súas persoas socias máis eficazmente e afortalan o movemento cooperativo traballando de xeito conxunto por medio de estructuras locais, nacionais, rexionais e internacionais.
Sétimo Principio: Compromiso coa comunidade
As cooperativas traballan para o desenvolvemento sostible da súa comunidade por medio de políticas aceptadas polas súas socias e socios.
Todos estes principios son seguidos polas cooperativas, con independencia da variada tipoloxía xurídica e organizativa que hai dentro do cooperativismo. A súa clasificación pode facerse atendendo a diferentes criterios.