Xornada: ‘ O valor social do diñeiro: finanzas responsables’. 17/Abril – Santiago

/, Rede Eusumo/Xornada: ‘ O valor social do diñeiro: finanzas responsables’. 17/Abril – Santiago

Xornada:

O valor social do diñeiro: finanzas responsables” . 17 de abril – Santiago de Compostela

>> Opcións financeiras para organizacións e empresas da economía social, e para o emprendemento.

>> Alternativas para investir e aforrar as persoas particulares.

>> Finanzas favorecedoras para a economía social e cooperativa.

Documento informativo da xornada : O valor social do diñeiro, finanzas responsables

Inscrición : Aquí

Obxetivos:

  • Dar a coñecer as finanzas éticas como instrumentos financeiros acaídos para as entidades da economía social e do cooperativismo en particular.

  • Difundir boas prácticas e recursos útiles.

  • Estimular o debate ao redor da temática con persoas expertas e o público participante e intercambiar e compartir experiencias.

Data: 17 de abril de 2018 – Horario: De 9.30 a 14 horas

Lugar de celebración: Edificio CERSIA Empresa. Rúa Alcalde Raimundo López Pol (Barrio de San Lázaro) – Santiago de Compostela.

A quen vai dirixida?

– Ás cooperativas e demais entidades da economía social e solidaria

– A persoas e grupos de emprendemento, a empresas e entidades en procesos de mellora, consolidación e/ou crecemento.

– A servizos de orientación ao emprendemento.

– A persoas físicas e xurídicas que prestan servizos de asesoramento e consultoría de empresas.

– A persoas e entidades interesadas no aforro ético e solidario.

| PROGRAMA |

9:30 Recepción

9:45 Inauguración

Alba Paz, Subdirectora Xeral de Economía Social da Consellería de Economía, Emprego e Industria.

10:00 Entidades de finanzas éticas e/ou cooperativas da economía social galega: presentación da entidade e dos seus servizos e produtos.

Modera: Mar Pernas Márquez – Unión de Cooperativas EspazoCoop

Coop57 cooperativa de servizos financeiros éticos e solidarios.

Ramón Rodríguez Padín

Fiare Banca Ética, banca cooperativa ética.

Gonzalo Gesto Quiñoy

AIS O Peto, asociación por un interese solidario

Esteban González Bernárdez

Caixa Rural Galega, cooperativa de crédito.

José Manuel López Marcos

Cajamar, cooperativa de crédito.

11:15 Coloquio

12:00 Café : relacións de intercambio e contactos

12:30 Coñezamos experiencias de financiamentos realizados polas entidades éticas, solidarias e/ou cooperativas.

– Experiencia financiada por Coop57 : NÚMAX, s. coop. galega

– Experiencia financiada por Fiare : Solidariedade Internacional – Galicia, ONGD

– Experiencia financiada por AIS O Peto : 7H Cooperativa Cultural, s. coop. galega

13:45 Clausura : Concepción Fernández

Concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos

Concello de Santiago de Compostela.

14:00 Remate da xornada.

INSCRICIÓN : Aquí

Organiza : Unión de Cooperativas EspazoCoop || Contacto : Mar Pernas | Telf. 981 575 578 | mar@espazo.coop

Entidade colaboradora: Concello de Santiago

[ Esta xornada enmárcase no programa de actuación 2018 da Rede Eusumo. A Rede Eusumo é unha Rede de colaboración impulsada pola Secretaría Xeral de Emprego – Xunta de Galicia, para o fomento e consolidación do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Emprego e Seguridade Social ]

2018-04-27T10:48:57+00:00 4/04/2018|Novas do cooperativismo, Rede Eusumo|Sin comentarios

Deje su comentario

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.plugin cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies