SERVIZOS DE FOMENTO DO COOPERATIVISMO

Queremos facer crecer a economía cooperativa, social e solidaria.

A difusión, visibilización e o fomento do cooperativismo tamén é a nosa razón de ser. En EspazoCoop realizamos diversas actuacións para logralo e para achegar o cooperativismo á sociedade.

Realizamos servizos de fomento do cooperativismo en colaboración con organizacións e entidades, axentes sociais públicos ou privados, administracións, colectivos, redes, concellos, centros de ensino, universidades, confrarías, comunidades de montes, entre outros.

Podemos deseñar, elaborar e implementar plans e programas de fomento cooperativo, realizamos actividades e proxectos de todo tipo para promocionar o cooperativismo : charlas, cursos e talleres, visitas cooperativas, guías e manuais, estudos, xornadas especializadas, encontros, audiovisuais, campañas, e
outras máis!

EspazoCoop conta, ademais, con preto de 50 convenios de colaboración para promocionar o cooperativismo asinados nos últimos anos con diversas entidades para realizar plans, programas e iniciativas.