SERVIZOS DE APOIO NA CREACIÓN DE COOPERATIVAS

A cooperativa sérvenos para organizar e dar resposta a distintas necesidades (acceso a emprego, consumir ou obter servizos profesionais), en base aos principios de xestión democrática, participación, autoxestión ou axuda mutua, no marco dunha estrutura horizontal e igualitaria.

Impulsamos novas cooperativas, ofrecemos orientación, información, e acompañamento especializado. Contamos con profesionais experimentadas que coñecen o modelo, as particularidades que distinguen ás cooperativas e todos os aspectos que lle dan valor.

Ademais, contamos con ferramentas de financiamento moi acaídas para o emprendemento cooperativo. Se xa sodes unha empresa ou entidade e queredes facer a transformación en cooperativa, tamén te apoiamos.

En Espazocoop estamos á vosa disposición para orientarvos e dar soporte ao voso proxecto cooperativo, de
xeito GRATUÍTO :

• ORIENTACIÓN INICIAL
• FORMACIÓN
• PLAN DE EMPRESA DUNHA COOPERATIVA
• AXUDAS E SUBVENCIÓNS
• FERRAMENTAS FINANCEIRAS
• ESTATUTOS SOCIAIS
• TRÁMITES DE CONSTITUCIÓN DA COOPERATIVA

Tamén elaboramos recursos específicos, para acompañar no proceso de creación de cooperativas, ou recomendamos recursos de interese da administración e a nosa rede relacional para facilitar a posta en marcha dunha empresa cooperativa.

Cando bota a andar a cooperativa podemos seguir acompañando, en función da demanda e as necesidades, durante o primeiro ano e medio de actividade, para apoiar que poida evolucionar e consolidarse como proxecto laboral e empresarial.

Lembra que se xa estades traballando tamén é posible a transformación en cooperativa, se a empresa é propia, sodes un mínimo de dúas persoas e pensades que o modelo cooperativo adáptase máis; se as propietarias da empresa onde traballades xubílanse e existe a opción de tomar o relevo por parte das traballadoras; ou calquera outra circunstancia que conleve a vía da transformación en cooperativa.