Construíndo futuro con valores

Escolle ensino cooperativo

Cartel promocional da campaña
Aula de colexio

Que é un Colexio Cooperativo?

Os colexios cooperativos son centros educativos baseados nun modelo de xestión democrática e participativa, onde toda a comunidade educativa (docentes, alumnado e familias) toma parte activa na toma de decisións. Este modelo fomenta o traballo en equipo, a igualdade e o compromiso co ben común, promovendo unha educación centrada no benestar integral do alumnado.

Por que escoller ensino cooperativo

A educación cooperativa é un modelo que se alicerza nos valores de solidariedade, participación, igualdade e compromiso social. Este enfoque educativo non só prepara ao alumnado para o futuro académico, senón tamén para ser persoas activas e responsables na súa comunidade. Ao integrar principios de cooperación, inclusión e autonomía, as escolas cooperativas favorecen un ambiente de aprendizaxe onde cada estudante é respectado, apoiado e impulsado a desenvolver o seu máximo potencial.

Ao formar parte dunha cooperativa educativa, os nenos e nenas non só aprenden coñecementos académicos, senón que tamén internalizan valores sociais que lles axudarán a construír unha sociedade máis xusta e equitativa. A través da participación activa nas decisións e a colaboración entre todos os membros da comunidade educativa, as escolas cooperativas aseguran que cada estudante sexa protagonista do seu propio proceso de aprendizaxe.

Se buscas unha educación baseada na igualdade de oportunidades, a inclusión de todos os estudantes e a mellora continua, as escolas cooperativas son a mellor opción.

Testemuño: “A educación cooperativa permite que cada estudante se sinta parte do proceso educativo e da súa comunidade. Sentímolo como algo noso e non como algo impoñido.” – Un profesor de colexio cooperativo.

Descubre os colexios cooperativos da túa zona

Que valores atopamos no ensino cooperativo?

Democracia

A educación cooperativa promove a democracia participativa, onde todos os membros teñen voz e voto, tomando decisións colectivas en beneficio común.

Igualdade / Equidade

Comprometémonos co principio de igualdade de oportunidades, garantindo que todos os estudantes, independentemente das súas condicións, teñan acceso á educación.

Atención á diversidade / Inclusividade

Traballamos para que todo o alumnado, independentemente das súas necesidades, poida aprender e progresar mediante medidas inclusivas adaptadas a cada situación.

Identidade

As escolas cooperativas están vinculadas á súa comunidade, promovendo a lingua e cultura propias, e comprometidas co desenvolvemento local e social.

Compromiso

Optamos por un compromiso ético e social, defendendo os dereitos humanos e a diversidade cultural como principios fundamentais no noso modelo educativo.

Participación

Fomentamos un modelo de xestión participativa, onde toda a comunidade escolar ten voz activa en todas as decisións e accións do centro.

Colaboración

A base do noso modelo educativo é a cooperación e o traballo en equipo, tanto entre profesionais como entre estudantes, para mellorar a aprendizaxe.

Innovación

Promovemos proxeccións innovadoras e experimentación pedagóxica, adaptándonos ás necesidades do alumnado e apostando pola creatividade no ensino.

Autonomía

As escolas cooperativas teñen autonomía para adaptarse ás necesidades do alumnado e desenvolverse baixo un modelo educativo propio, baseado na liberdade e responsabilidade.

Mellora continua

Implicámonos nun proceso de avaliación constante para mellorar todos os aspectos da nosa actividade educativa, asegurando a mellora continua do centro.

Renovación

Comprometémonos coa renovación pedagóxica e a innovación social, creando un ambiente de aprendizaxe que fomente a creatividade e as relacións positivas.

Aprendizaxe cooperativo

Fomentamos a colaboración entre iguais, mellorando a autonomía e habilidades sociais do alumnado a través de metodoloxías participativas.

Convivencia

Vemos os conflitos como oportunidades de mellora, promovendo o respecto e o consenso para conseguir unha convivencia harmoniosa.

Calidade

A nosa prioridade é garantir un servizo educativo de calidade, maximizando os recursos e buscando a mellora continua nos resultados e procesos.

Laicismo e cidadanía

Promovemos un pluralismo ideolóxico e unha cultura escolar laica, respectando a liberdade de pensamento e expresión dentro dos valores democráticos.

Intercooperación

As nosas escolas están conectadas en redes de cooperación que impulsan proxectos de transformación social e educativa, baseados nos principios da economía social.

Listaxe de Centros Cooperativos de Ensino

A Coruña

Colexio Andaina, S. Coop. Galega
Avda. De Aguaceiros, s/n
Culleredo
981 138 880
dir_xeral@andaina.com
www.colexioandaina.com

Colexio Ayala, S. Coop. Galega
Rúa Cristobal Colón, 71A- Solaina
Narón
981 380 394
cpr.ayal@edu.xunta.es
www.colegioayala.com

Colexio Jorge Juan, S. Coop. Galega
Avda. Do Tarrío, 78
Fene, Perlio
981 340 109
cpr.jorge.juan@edu.xunta.es
www.colexiojorgejuanperlio.com

Colexio Ludy, S. Coop. Galega
Rúa Río Lambre, 6-8
Ferrol
981 311 813
cpr.ludy@edu.xunta.es
www.colexioludy.gal

Colexio San Rosendo, S. Coop. Galega
Rúa Pintor Máximo Ramos, 11
Ferrol
981 357 562
cpr.sanrosendo@edu.xunta.es
www.colegiosanrosendo.com

Lenda Educativa, S. Coop. Galega
Rúa Río Deza, nº3, 3º
Carballo
655105963
info@lendaeducativa.es
www.lendaeducativa.es

Lugo

Colexio Landro, S. Coop. Galega
Avda. Nicolás Coria, 60
Viveiro
982 560 906
cpr.landro.viveiro@edu.xunta.es
www.colexiolandro.com

Ourense

Colexio Concepción Arenal, S. Coop. Galega
Rúa Bedoia, 22
Ourense
988 220 200
cpr.concepcion.arenal.ourense@edu.xunta.es
www.ccarenal.es

Colexio Guillelme Brown, S. Coop. Galega
A Merteira- Castadón
Pereiro de Aguiar
988 259 678
administracion@guillelmebrown.es
www.guillelmebrown.es

Colexio Luis Vives Ourense, S. Coop. Galega
Rúa Aira de Fonsillón, 4
Ourense
988 242 000
info@luisvivesourense.com
www.luisvivesourense.com

Colexio Sagrado Corazón, S. Coop. Galega
Rúa Areal, 11-13
Celanova
988 431 516
cpr.sagrado.corazon.celanova@edu.xunta.es
www.sagradocorazoncelanova.com

Colexio San Pio X, S. Coop. Galega
Avda. Zamora, 98
Ourense
988 221 127
cpr.sanpiox@edu.xunta.es
www.sanpiox.com

Colexio Vila do Arenteiro, S. Coop. Galega
Corzos, 6
Carballiño
988 271 400
cpr.vila.arenteiro@edu.xunta.es
www.viladoarenteiro.com

Pontevedra

Colexio Abrente (Adigna, S. Coop Galega)
Lg. de Pombal, s/n
Portonovo, Sanxenxo
986 723 494
colexioabrente@colexioabrente.com
www.colexioabrente.com

Colexio Alborada (Claimo, S. Coop. Galega)
Avda. Aeroporto, 392
Vigo
986 272 432
cpr.alborada@edu.xunta.es
www.colexioalborada.com

Colexio Angel de la Guarda (A Medoña, S.Coop. Galega)
A Medoña- Priegue
Nigrán
986 368 073
info@colegioaguarda.com
www.colegioaguarda.com

Colexio Atlántida, S. Coop. Galega
Rúa Rocío, 7 Vigo (Bouzas)
986 233 938
cpr.atlantida@edu.xunta.es
www.colexioatlantida.com

Colexio Bouza Brey, S. Coop. Galega
Rúa S. Xoán, 167
Vigo
986 377 238
info@colexiobouzabrey.com
www.colexiobouzabrey.com

Colexio Eduardo Pondal, S. Coop. Galega
Seixo- Darbo, 68-69
Cangas
986 303 032
eduardopondal@ucetag.org
www.eduardopondal.com

Colexio Mendiño, S. Coop. Galega
Rúa Pi i Margall, 139
Vigo
986 293 444
mendino@mendino.org
www.mendino.org

Pontevedra

Colexio Possumus, S. Coop. Galega
Rúa Purificación Saavedra, 62
Vigo
986 371 330
cpr.possumus@edu.xunta.gal
www.possumus.es

Colexio San José, S. Coop. Galega
Rúa Princesa, 1
Pontevedra
986 861 990
cpr.sanjose.pontevedra@edu.xunta.es
http://colegiosanjosepontevedra.es

Colexio Santiago Apóstol, S. Coop. Galega
Rúa Montesiña, 33
Soutomaior
986 700 086
santiagoapostol@hotmail.es
www.colegiosantiagoapostolsoutomaior.es

Colexio Santo Tomás, S. Coop. Galega
A Florida- Torneiros
Porriño Pontevedra 36410
986 337 614/ 625 011 939
stomas@ucetag.org
www.colexiosantotomas.com

Escola Infantil As Fillotiñas, S. Coop. Galega
Rúa Subida á estación, 3
Redondela
asfillotinas@gmail.com
www.asfillotinas.com

Testemuños e Experiencias

“No ensino cooperativo traballamos grupos de profesionais da educación, unidos con un único obxectivo e un sentimento de cooperación, e superación, para poder desenvolver o traballo diario baseado na colaboración, compromiso e vontade, perseguindo a eficacia e a calidade dunha educación referente no proceso de ensinanza-aprendizaxe, onde todos os membros da comunidade educativa son tomados en consideración para a toma de decisión o que fomenta o sentido democrático do cooperativismo, axudando a fomentar e mellorar a economía social da zona.”

Ana María Rodríguez

Mestra no Colexio Possumus, S. Coop. Galega

“Confiamos nos colexios cooperativos porque mantén en todo momento un trato achegado e familiar, cunha educación de calidade, que non se limita unicamente a adquisición de coñecementos académicos, senón que tamén abarca habilidades sociais e valores, con novas tecnoloxías, recursos e metodoloxías innovadoras.

Cun equipo extraordinario de docentes moi profesionais, tanto no ámbito educativo, para mellorar os procesos de ensinanza-aprendizaxe, como no económico para lograr a transparencia, calidade e eficacia de xestión e administración da cooperativa”

Marisé Álvarez

Nai de alumnado do Colexio Possumus, S. Coop. Galega

“Neste colexio ademáis de coñecer os meus mellores amigos/as aprendín valores tan importantes como a igualdade, a empatía a tolerancia, cunha atención personalizada para axudarnos a un desenvolvemento académico e emocional equilibrado.

Fomentan día a día a inclusión e o traballo en equipo, priorizando a cooperación sobre a competencia individual.

Aprendemos tamén a comunicarnos de maneira efectiva, a escoitar e respectar aos demais, a resolver conflitos e a aprender a pensar con autonomía para levar a cabo unha toma de decisión acertada no momento axeitado.”

Alba Prieto

Alumna de 4º de ESO no Colexio Possumus, S. Coop. Galega