A Unión ofrece ás cooperativas asociadas servizos de asesoría especializada nas cuestións propias das cooperativas, entre outros:
- Asesoría societaria: dilixencia de libros sociais, trámites de renovación de cargos, modificacións estatutarias, altas e baixas de socios/as, organización cooperativa, tramites societarios, etc.
- Asesoría empresarial: tramitación de subvencións e axudas para a posta en marcha, creación de emprego, incorporación de socios, inversións, trámites de empresa, etc.
- Xestión fiscal: impostos e tratamento fiscal específico.
- Xestión laboral: realización e presentación de calquera trámite correspondente a cuestións laborais.
- Xestión contable: realización da contabilidade da cooperativa, arquivo da documentación contable, redacción das contas anuais, legalización dos libros contables e depósito de contas, asesoramento na elaboración do informe de intervención e na preparación da asemblea xeral ordinaria.
- Asesoría xurídica: atención de consultas sobre calquera aspecto da empresa, fundamentalmente de carácter laboral e societario.
- Servizo sectoriais: creados co fin de atender unha demanda sectorial e garantir a calidade adecuada, evidentemente é necesaria a presencia na Unión dun grupo de cooperativas dun mesmo sector que fagan viable a existencia deste tipo de servicios.
- Servizo de formación.
A formación que se xestiona e se imparte vai dirixida sempre ós socios e socias de cooperativas.- formación cooperativa: a Unión presta un servicio de formación e asesoramento cooperativo dirixido a tódalas cooperativas asociadas, organizado segundo a demanda das mesmas, ben mediante cursos de curta duración, ou ben charlas, reunións de traballo, asesoramento e/ou asistencia as súas reunións internas, etc.
- formación continua: a formación laboral realízase mediante financiación externa, tanto da administración pública como da Forcem. No segundo caso a programación realízase conxuntamente, a través de Coceta, co resto das súas organizacións confederadas.