Servicio de información e atención ao usuario/a.
Información ou formación xeral destinada a persoas que, por motivos distintos aos de creación dunha cooperativa, por exemplo como parte dun traballo escolar ou dunha investigación, ou por intereses persoais, utilizan o servizo de atención a usuarias.
Servicio de documentación.
A Unión ten, a disposición das cooperativas asociadas, manuais, libros, revistas e calquera outra documentación que se atope nas sedes da organización, para a súa consulta ou préstamo temporal. Este fondo documental está aberto á consulta de calquera persoa interesada.
Realización de charlas e ponencias.
Ponencias en xornadas, encontros, congresos, etc., sobre cooperativismo ou economía social, organizadas por distintas entidades e nas que participa algún membro do Consello Reitor ou do equipo técnico da Unión.
Información e formación específica sobre cooperativismo de traballo asociado.
Dirixida a persoas cun proxecto, máis ou menos elaborado, de empresa cooperativa. Neste caso os contidos son moito máis concretos ou incluen cuestións prácticas como trámites de constitución, elaboración de Estatutos, realización de asembleas, etc. Estas accións realízanse tanto na sede da Unión como fora dela, xa que cando se trata dun grupo numeroso de persoas é máis doado o noso desprazamento e garantir a presencia de todas elas. De xeito complementario prográmanse contactos ou visitas a cooperativas co obxecto de coñecer algún caso práctico.
Realización de xornadas técnicas.
A celebración de xornadas técnicas é algo ó que damos moita importancia por dúas razóns, por un lado a promoción e difusión do cooperativismo, mediante a publicidade que se lle da a súa realización, e por outro, a formación das/os asistentes ás mesmas.
As xornadas son ademáis un punto de encontro e de intercambio de experiencias e ideas, tamén importante. No ámbito empresarial é máis frecuente o enfrontamento e a competencia ca colaboración e esa é outra das tarefas fundamentais da Unión, traballar pola intercooperación e fomenta-lo coñecemento entre cooperativas.
Dende a Unión realízase unha tarefa constante de formación cooperativa e, entre outras cousas, detéctase a similitude de problemáticas e o interese de plantexar estas cuestións de forma conxunta mediante encontros ou intercambio de experiencias.
Elaboración de documentación.
Esta é unha actividade na que se está a traballar nos últimos anos, xa que coidamos imprescindible a existencia de información escrita, de maior permanencia e difusión ca oral. Os materiais teñen distinto formato dependendo do seu obxectivo e utilidade. A documentación que creamos, ata este momento, é:
Folleto divulgativo da Unión.
Ten por obxecto dar a coñecer a Unión de cooperativasa e as súas actividades e co que se persegue fomenta-la asociación de cooperativas.
Manual de formación para socios/as de cooperativas de traballo asociado.
Destinado a aquelas personas que necesitan unha información máis completa e enfocada á realización dun proxecto cooperativo. É de utilidade tamén para tódalas cooperativas en activo porque recolle en formato pregunta/resposta un resume das cuestións máis esenciais da mesma.
Carpeta de formularios tipo.
Que recolle unha relación de quince situacións habituais na cooperativa, de obrigada documentación, cunha pequena explicación legal e unha proposta de documento a utilizar na súa xestión.
Modelo de Estatutos para Cooperativas de Traballo Asociado.
Modelo de Estatutos adaptados non rehusable pasivo sen ánimo de lucro.