Segundo datos da Alianza Cooperativa Internacional, o Movemento Cooperativo reúne a máis de mil millóns de persoas en todo o mundo.
As Nacións Unidas estimaron en 1994 que o sustento de case 3.000 millóns de persoas, a metade da poboación mundial, fíxose grazas ás empresas cooperativas. Estas empresas seguen desempeñando un importante rol económico e social nas súas comunidades.
A continuación, algúns datos sobre o movemento que demostra o seu relevancia e contribución ao desenvolvemento económico e social.
En España , en 2008 o 15% da poboación, ou 6,7 millóns de persoas son membros dunha cooperativa. Máis de 22.000 empresas forman parte do cooperativismo.
En Galicia existen un total de 1.141 cooperativas activas, que contan cuns 80.000 socios, e crean uns 28.000 postos de traballo directos. Na actualidade, máis do 2% dos ocupados galegos están vinculados ao cooperativismo.
Podes ver o video que a OIT elaborou en 2012 con motivo do ano internacional do cooperativismo: aquí