Obxectivos e fins


 

 

O obxecto da Unión é a defensa dos intereses socioeconómicos das cooperativas asociadas, a promoción do cooperativismo como fórmula de desenvolvemento económico e social, o acordo de políticas e criterios en torno ao cooperativismo e a economía social, o fomento da autoxestión e o aumento do nivel profesional do cooperativismo.

Os fins específicos da Unión, son os seguintes:

 

 

  • A representación e defensa dos intereses colectivos das cooperativas asociadas, ante todo tipo de persoas, entidades e organismos públicos e privados

  • Establecer, manter e fomentar contactos e colaboración con entidades autonómicas, estatais e internacionais de natureza cooperativa

  • Fomentar o cooperativismo

  • Informar e asesorar ás asociadas de calquera asunto de interese na forma e condicións que regulamentariamente se determinen establecendo un fluxo de información regular e completo, a nivel interno e externo

  • Reclamar ós poderes públicos unha atención e colaboración preferente co sector cooperativo, para acadar un mellor desenvolvemento social e empresarial

  • Promover o intercambio de información entre as cooperativas asociadas sobre asuntos que sexan de interese, para o mellor desenvolvemento das súas actividades

  • Informar, asesorar e negociar coas administracións públicas sobre a elaboración, desenvolvemento, aplicación e modificación de cantas disposicións poidan ditarse que afecten ás empresas cooperativas

  • Promover e coordinar a formación cooperativa, empresarial e ocupacional nas cooperativas

  • Promover a colaboración con organismos e institucións oficiais e con outras asociacións de carácter político, sindical, empresarial ou cultural en cantos asuntos se estimen oportunos

  • Fomentar a toma de conciencia e apoiar a igualdade de oportunidades e a integración social de calquera colectivo en risco de exclusión, na comunidade en xeral e no cooperativismo de traballo asociado en particular

  • Fomentar un novo cooperativismo anovador, con presenza en sectores emerxentes, incentivando empresas de alto valor engadido e novas tecnoloxías

  • Prestar ás súas cooperativas asociadas os servizos de asesoramento e xestión que sexan solicitados e aprobados pola Asemblea Xeral

 

E calquera outro fin que sexa conforme coa defensa e desenvolvemento desta Unión de Cooperativas.

Agás a representación e defensa dos intereses comúns, ningún outro servizo pode serlle imposto ás cooperativas asociadas, rexendo a este respecto o principio de participación voluntaria das mesmas.

Estatutos Sociais da Unión de Cooperativas EspazoCoop aquí