O obxecto da Unión é a defensa dos intereses socioeconómicos das cooperativas asociadas, xunto coa promoción de todo canto contribúa a fomentar o prestixio da mesma, a unificación de políticas e de criterios, a harmonía e o espírito societario e a mellora do nivel profesional e humano.

Os fins específicos da Unión, son os seguintes:

  • A representación e defensa dos intereses colectivos das cooperativas asociadas, ante todo tipo de persoas, entidades e organismos públicos e privados.
  • Fomentar o cooperativismo.
  • Reclamar ós poderes públicos unha atención e colaboración preferente co sector cooperativo, para acadar un mellor desenvolvemento social e empresarial.
  • Informar, asesorar e negociar coas administracións públicas sobre a elaboración, desenvolvemento, aplicación e modificación de cantas disposicións poidan ditarse que afecten ás empresas cooperativas.
  • Promover a colaboración con organismos e institucións oficiais e con outras asociacións de carácter político, sindical, empresarial ou cultural en cantos asuntos se estimen oportunos.
  • Establecer, manter e fomentar contactos e colaboración con entidades autonómicas, estatais e internacionais de natureza cooperativa.
  • Informar e asesorar ás cooperativas asociadas de calquera asunto de interese na forma e condicións que regulamentariamente se determinen establecendo un fluxo de información regular e completo, tanto a nivel interno como externo.
  • Promover o intercambio de información entre as cooperativas asociadas sobre asuntos que sexan de interese, para o mellor desenvolvemento das súas actividades.
  • Promover e coordinar a formación cooperativa, empresarial e ocupacional nas cooperativas.
  • Fomentar a toma de conciencia e apoiar a igualdade de oportunidades e a integración social de calquera colectivo en risco de exclusión, na comunidade en xeral e no cooperativismo de traballo asociado en particular.
  • Fomentar un novo cooperativismo anovador, con presenza en sectores emerxentes, incentivando empresas de alto valor engadido e novas tecnoloxías.
  • Prestar ás súas cooperativas asociadas os servizos de asesoramento e xestión que sexan solicitados e aprobados pola Asemblea Xeral.
  • Calquera outro que sexa conforme coa defensa e desenvolvemento desta Unión de Cooperativas.

Agás a representación e defensa dos intereses comúns, ningún outro servizo pode serlle imposto ás cooperativas asociadas, rexendo a este respecto o principio de participación voluntaria das mesmas.