Auditoría Social EspazoCoop 2020, no marco da Campaña de Reas
A Unión de Cooperativas EspazoCoop elaborou o Informe Anual de Auditoría e Balance Social realizado no marco da Campaña de REAS, a rede estatal da economía alternativa e solidaria.
No enlace poderás acceder aos resultados e consultar o informe no que EspazoCoop rinde contas do impacto social, ambiental e de bo goberno.
Auditoría Social EspazoCoop 2020
E ademais podes consultar a Auditoría Social agregada que presenta os datos de cerca de 5o0 entidades e empresas de Economía Social e Solidaria que estamos integradas en REAS, que engloban a máis de 200.000 persoas; das cales 180.000 son asociadas, cerca de 15.000 traballadoras e máis de 25.000 persoas voluntarias. A panorámica do movemento que nos mostran estas entidades reflicte os seguintes resultados:
A Economía Social e Solidaria no Estado | Informe de Auditoría Social 2020
Estos datos foron presentadas nun acto virtual o día 12 de novembro onde, continuando co traballo iniciado fai un ano, ponse especial atención aos resultados de xénero así como ás boas prácticas dalgunhas destas empresas nunha mesa de debate.
Os resultados de consumo interno a través do Mercado Social así como referentes ao impacto da Covid’19 serán presentados nun segundo acto o día 26 de novembro.
Para saber máis deixamos este enlace á información da web de Reas, e un vídeo sobre ¿qué é o balance social?.