Día Internacional das Cooperativas 2026 co foco posto na paz
Dende EspazoCoop trasladamos e sumámonos a mensaxe da Alianza Cooperativa Internacional polo Día Internacional das Cooperativas co foco posto na paz, tema deste ano para a celebración mundial do noso modelo económico cooperativo: «Sigamos construíndo xuntos e xuntas ese futuro que queremos e que nos merecemos, nós e as xeracións que veñen detrás noso.»
Queridos e queridas cooperativistas.
Este sábado 4 de xullo imos celebrar un novo Día Internacional co foco posto na paz.
Vivimos, lamentablemente, unha época onde a violencia se apoderou de múltiples territorios.
Máis de 50 conflitos armados de alta intensidade e máis de 120 conflitos armados en xeral afectan a millóns de persoas en distintas partes do noso planeta.
O gasto militar mundial alcanzou os 2,89 billóns de dólares, o que representa un aumento do 2,9% e marca o undécimo ano consecutivo de crecemento.
Mentres tanto, máis de 830 millóns de persoas subsisten en situación de pobreza extrema, vivindo con menos de $2,15 dólares ao día.
Isto ocorre nun contexto onde a dixitalización, automatización e robotización dos modos de producir, consumir e habitar xeran demasiada incerteza, na medida que a enorme maioría somos obxecto e non suxeitos desas transformacións.
As cooperativas foron durante 200 anos un vehículo para controlar os nosos medios de vida como persoas traballadoras, produtoras, consumidoras, usuarias, aforristas… Hoxe este modelo ten máis vixencia que nunca.
É probablemente o único capaz de garantir que toda esta gran transformación lévese adiante con control das comunidades e que poida, por tanto, estar orientada o ben común.
As cooperativas son, ademais, escolas de paz, en tanto promoven o diálogo, a transparencia e o intercambio fraterno entre persoas das máis diversas procedencias culturais, étnicas e xeográficas.
Por todo isto podemos asegurar que a harmonía social, cultural e ambiental que produce a economía cooperativa é requisito indispensable para lograr unha paz positiva.
Isto, como sabemos, é máis que decretar o cesamento da violencia, que desde xa propugnamos e esiximos a quen ten a responsabilidade de facelo.
Neste novo Día Internacional das Cooperativas, poñamos en valor xunto aos nosos asociados e as nosas comunidades a achega cotiá que realizamos, desde esa perspectiva, para un mundo en paz.
A humanidade require, de xeito urxente, encamiñarse cara a un futuro de paz como resultado da solidariedade, da inclusión e da xustiza social.
Sigamos construíndo xuntos e xuntas ese futuro que queremos e que nos merecemos, nós e as xeracións que veñen detrás noso.
Feliz Día Internacional das Cooperativas!
Ariel Guarco, Presidente da Aci
Máis información na web CoopsDay | Tema 2026: Cooperativas por un mundo en paz neste enlace
Deja tu comentario