Portal de seguros éticos para escolas cooperativas asociadas a EspazoCoop

Froito da colaboración entre a Sectorial de Ensino da Unión de Cooperativas e ARÇ Seguros Éticos e Solidarios, deseñouse un Portal de Seguros especificamente para as escolas cooperativas e os centros de ensino de economía social de Galicia.

O Portal

O portal espazacoop.arc.coop permítevos unha contratación práctica e sinxela dos seguros. Os produtos que atoparedes no portal están pensados para responder ás necesidades e obrigas aseguradoras das escolas cooperativas.

O Seguro Ético

Para Arç Cooperativa, o seguro xestionado con criterios éticos e solidarios proporciona beneficios sociais que hai que facer agromar e introduce as prácticas propias da banca ética e o mutualismo no mercado de seguros.

A mutualidade, que identifica o seguro como un instrumento comunitario; a equidade, que garante o acceso universal a esta forma de financiamento; e a transparencia, que propón unha relación entre iguais son os tres alicerces do seguro ético.

Son a primeira corretaxe de seguros de Europa que dispón da certificación EthSI (Ethical and Solidarity Based Insurance) de calidade da xestión ética e solidaria.

Contacta

Se estás interesada, contacta coa Unión e te facilitaremos a «Guía» coas instruccións para darse de alta no Portal e deste xeito poder solicitar orzamentos, asesoramento sobre coberturas e características dos seguros ou facer comparativa de prezos daqueles seguros que teñades subscritos actualmente ou de calquera outro que teñades interese en coñecer.

Para dúbidas e consultas podedes poñervos en contacto coa Unión, ou directamente coa propia ARÇ.

Portal: http://espazocoop.arc.coop/