Actividades de promoción da igualdade e contra a violencia machista

Oferta de Xeracción s. coop. galega
Destinatarias: cooperativas de ensino e as súas ANPAs

XERACCIÓN, cooperativa asociada á Unión de Cooperativas EspazoCoop, presta servizos de Intervención Socio-comunitaria a entidades públicas e privadas, e particulares.

Con motivo da saída das Axudas destinadas a financiar actividades de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero, para as asociacións de nais e pais do alumnado de centros educativos de Galicia, Xeracción lanza unha oferta de servizos entre os colexios cooperativos de EspazoCoop e as súas ANPAs, para que teñan a posibilidade de solicitar as axudas e financiar a través delas accións de fomento da igualdade e loita contra a violencia.

Preme aquí para consultar as Axudas.

– As contías son ata 4.000 € para proxectos individuais e ata 7.000 € para federacións e grupos de ANPAs.
– As actividades teñen que estar feitas antes do 30 de novembro de 2019.
– Prazo de solicitude das Axudas: 29 de xuño de 2019.

Consulta aquí o Dossier Informativo de Xeracción s. coop. galega para esta oferta.

Máis información contacta con :
Xeracción Sociedade Cooperativa Galega
Rúa Moratín Nº2, Ourense
nfo@xeraccion.com – 988613822 – 698131032 – www.xeraccion.com