Obradoiros presenciais, Xullo 2019 | Unión de Cooperativas EspazoCoop

EspazoCoop, Unión de Cooperativas Galegas, programou para o mes de Xullo dous obradoiros formativos en modalidade presencial en Vigo e Boiro, que abordarán contidos e materias relacionadas coas empresas cooperativas, o emprendemento cooperativo, e o cooperativismo en xeral.

Estas actividades está dentro da Programación da Rede Eusumo e teñen carácter gratuíto.

Teñen unha duración de 20 horas cada obradoiro distribuídas en 4 sesións (catro días).

 

| ELABORA O TEU PLAN DE EMPRESA COOPERATIVO |

BOIRO | 9, 12, 17 e 19 de xullo 2019

Lugar:  Centro Sociocultural de Boiro. Rúa Manuel María 1, Boiro.

4 sesións | De 9.30 a 14.30 horas  | Información: 981 57 55 78 – rosa@espazo.coop

 >>> Consulta o programa aquí | Inscrición pechada | Cartel aquí

 

| CONTABILIDADE PARA O EMPRENDEMENTO COOPERATIVO | 

VIGO | do 16 ao 19 de xullo 2019

Lugar:  Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Vigo. As Lagoas – Marcosende s/n.

4 sesións | De 9.30 a 14.30 horas  | Información: 986 866 149 – teresa@espazo.coop

 >>> Consulta o programa aquí | Inscrición aquí | Cartel aquí