A Formación Profesional Dual nas cooperativas

Achegámosvos información sobre a chamada ‘Formación Profesional Dual’, para que as Cooperativas Socias podan valorar se ten interese aproveitar este sistema nas súas empresas (trátase dun modelo de formación profesional compartido entre centros educativos de FP e empresas).

No bienio 2018-2020 a Xunta de Galicia pon en marcha un plan de dinamización da Formación Profesional Dual. Este sistema da Formación profesional ten como finalidade a cualificación profesional das persoas onde a formación se comparte entre o centro educativo e as empresas nun contexto de actividade laboral real. Dirixida ap maiores de 18 anos (con carácter xeral, dependendo da modalidade). Os seus obxectivos principais son a inserción laboral do alumnado e a mellora da competitividade das empresas. Búscase complementar a oferta formativa existente e que ambas as modalidades da Formación Profesional coexistan.

Mediante a Formación Profesional Dual unha empresa pode estar formando a unha persoa alumna dun ciclo formativo coa posibilidade de adaptar unha procentaxe significativa do currículo da especialidade ás necesidades da empresa. A persoa alumna manterá coa empresa unha relación contractual, ben mediante a figura de bolseira, ben mediante un contrato para a formación e o aprendizaxe. A empresa deberá remunerar á persoa alumna polo seu traballo e a Seguridade Social, tanto da parte da persoa traballadora como da empresa están bonificadas.

Información de interese:

Se a túa cooperativa precisa máis información, podes contactar a través do correo electrónico: patane@espazo.coop