XUNTANZA ENTRE ESPAZOCOOP E A CONSELLERÍA DE PROMOCIÓN DE EMPREGO E IGUALDADE DA XUNTA DE GALICIA

Representantes da Unión mantiveron unha xuntanza de traballo con Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social

Representantes do Consello Reitor de EspazoCoop mantiveron un encontro con Pablo Fernández López, Secretario Xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, no que expuseron algúns dos temas de maior interese para as cooperativas de EspazoCoop e para o cooperativismo da comunidade.

Entre estes, un dos máis acuciantes é a reforma da Lei de Cooperativas, que desde EspazoCoop considerase fundamental contar co sector para participar na súa elaboración “xa que somos nós quen coñecemos mellor o día a día, as trabas burocráticas que atopamos e as diferenzas que presentamos coas empresas que non siguen este modelo empresarial”.

De feito, unha das cuestións que tratáronse foi precisamente a simplificación da burocracia e procedementos cos rexistros de cooperativas que, a diferencia coas empresas tradicionais, son moito máis complexos e levan moito máis tempo e esforzo. “Se queremos apostar polo cooperativismo temos que dar facilidades a persoas que queren achegarse a este modelo empresarial e emprender desde el”, sinalan desde a Unión.

O secretario xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Pablo Fernández, pola súa banda, apelou ao consenso como elemento fundamental para sacar adiante dous dos retos que a Xunta de Galicia ten por diante: a nova Estratexia de Economía Social (2023-2027), que reforzará este modelo de traballo que crea e reparte riqueza con xustiza; e a Lei de cooperativas, que adaptará a normativa ao século XXI e que pasa polo reforzo da cooperación coas entidades.

Singularidades do cooperativismo en Galicia

Ademais tratouse tamén da posibilidade de ter un tratamento diferenciado na xestión e burocracia para as cooperativas de menos de 10 personas socias ou micro cooperativas, xa que o seu tamaño non pode asemellarse a grandes cooperativas existentes en Galicia con centos de persoas socias. Segundo Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop, “o cooperativismo en Galicia ten singularidades que temos que ter en conta, son moitos os escenarios que atopamos e as características das cooperativas son moi diferentes. Non pode ser que as esixencias e obligacións non teñan en conta estas especificacións das cooperativas galegas”. 

Desde EspazoCoop indicouse a relevancia que o cooperativismo ten na actualidade en Galicia, cun desenvolvemento sostido nos últimos anos e unha importante achega ao PIB da comunidade. En base a isto, planteouse a posibilidade de facilitar o acceso e o uso dos fondos de fomento do cooperativismo que na actualidade están se empregar e que poderían ser de gran axuda para o sector.

 

Sobre EspazoCoop

A Unión de Cooperativas Espazocoop é unha entidade multisectorial de carácter empresarial, configurada como asociación sen ánimo de lucro, de ámbito galego, integrada por cooperativas de distintas clases, inspirada nos principios cooperativos e os seus valores, que ten como obxectivo agrupar, representar, impulsar, fomentar a intercooperación e defender os intereses das súas cooperativas socias e das persoas que as constitúen, así como a divulgación, fomento e consolidación do cooperativismo, como ferramenta de desenvolvemento socioeconómico, no marco da economía social e solidaria.