EspazoCoop participará na presentación de «2025, Ano Internacional das Cooperativas» no Congreso dos Deputados
O vindeiro luns 14 de outubro celebrase o acto de presentación do «2025, Ano Internacional das Cooperativas» e a lectura do manifesto «As cooperativas constrúen un mundo mellor», será ás 11 h. na Sala Clara Campoamor do Congreso dos Diputados en Madrid.
Nesta presentación intervirá Claudia Rodríguez en representación da Confederación de cooperativas de traballo asociado, COCETA. Claudia Rodríguez, vogal do consello reitor da Unión de Cooperativas EspazoCoop, é membro da executiva de Coceta.
Ao acto tamén asistirán Ana Olveira Blanco, presidenta de EspazoCoop, e Celso Gándara, membro do consello reitor da Unión.
Axenda do acto
11 h. Benvida
Excma. Sra. Dna. Francina Armengol Socias, presidenta do Congreso dos Diputados.
11.10 h. O Cooperativismo e a Economía Social en España en 2025
D. Juan Antonio Pedreño, presidente da Confederación Empresarial Española da Economía Social (Cepes)
11.15 h. Presentación do Ano Internacional das Cooperativas
D. Íñigo Albizuri, membro do consello da Alianza Cooperativa Internacional (ACI)
11.20 h. O cooperativismo constrúe un mundo mellor
Intervención dos representantes das organizacións estatais de cooperativas:
Dna. Claudia Rodríguez, Confederación Española de Cooperativas de Traballo Asociado, Coceta
D. Juan Casares, Confederación de Cooperativas de Vivendas de España (Concovi)
Dna. Teresa Bayarri, Confederación Española de Cooperativas de Consumidores e Usuarios (Hispacoop)
Dna. Jerónima Bonafé, Cooperativas Agro-alimentarias de España
D. José Luis Ayuso, Federación Nacional de Cooperativas de Transporte de España (Fenacotrans)
D. Javier Martínez, Unión Española de Cooperativas de Enseñanza (UECoE)
Dna. Cristina Freijanes, Unión Nacional de Cooperativas de Crédito (UNACC)
11.20 h. Lectura do Manifesto do Cooperativismo
Dna. Ana Aguirre, presidenta do Comité e a Rede de Xuventude da ACI
12.05 h. Himno do Cooperativismo
Coro infantil de Gregos San Diego S. Coop. Mad.
12.15 h. Despedida e invitación a celebrar o ano 2025
Fai clic no programa: Acto presentación 2025 Año Internacional de las Cooperativas 14.10.2024 – Programa