Comeza a campaña! EspazoCoop activa os avais para financiarse con Coop57

 

A Unión de Cooperativas Espazocoop lanza unha subscrición social de avais mancomunados, poñendo así en práctica un modelo de financiamento alternativo, de maior implicación social que apoia proxectos da economía social. Entre os requisitos para poder solicitar financiamento de Coop57 está a subscrición de avais mancomunados por un importe igual ao que se solicita.

Para que a campaña de avais sexa exitosa precisamos amosar que a economía social e solidaria é unha rede colaborativa e que actúa como tal, por iso pedímosvos o voso apoio para renovar a subscrición de avais e tamén para facer difusión da campaña, extendendoa a todas as vosas redes e persoas vinculadas a elas.

Características do préstamo 

[ Préstamo a avalar ]

Unha póliza de crédito  Importe: 200.000,00 euros Prazo: 1 ano
Finalidade: a finalidade deste empréstito é para financiar os gastos habituais de funcionamento, así como as actividades orientadas ós fins da entidade de fomento e promoción do cooperativismo e a economía social.

[ Avais mancomunados ]

Importe de subscrición: avais entre 300,00 e 5.000,00 € (por avalista)

[ Que son os avais mancomunados ]

A garantía que Coop57 solicita para a concesión do préstamo

Un compromiso con Espazocoop que NON supón desembolso de diñeiro

A súa natureza mancomunada supón que o importe total do préstamo divídese de forma proporcional entre todas as avalistas.

Son persoais e non patrimoniais

[ Coordinación e xestión ]

Unión de Cooperativas EspazoCoop

[Canto vai durar?]

A campaña pública para completar a cantidade de avais necesarios para solicitar o préstamo estará aberta ata o 24 de xuño de 2026.

Sobre a Unión de Cooperativas Espazocoop

A Unión de Cooperativas Espazocoop somos unha asociación de cooperativas que traballamos para promover e consolidar o cooperativismo en Galicia, como unha das formas de organización económica e social máis avanzadas, xustas, democráticas e solidarias que existen.

Somos unha entidade solvente, a información económica e social de Espazocoop podes atopala e consultala na sección Transparencia da nosa web aquí. Nestes momentos temos concedidas distintas axudas públicas para realizar a nosa actividade, os prazos de cobro previstos de ditas axudas lévanos a solicitar financiamento a Coop57 para cubrir as necesidades da Unión.

Un dos puntos clave desta campaña é que a Unión pode financiarse de forma parcial nun sistema de finanzas éticas, distinto do convencional.

Máis información:
– FAQs para avalistas aquí
– Información económica e social de Espazocoop na sección «Transparencia» da nosa web aquí
– Aval Mancomunado Coop57 para Entidades (adxuntando Cif):

-Aval Mancomunado Coop57 para Persoas Físicas (adxuntando Dni):

Como podes avalar a EspazoCoop?

1. Cumprimentando e asinando, de forma preferente, con sinatura electrónica – DNI; certificado dixital – o formulario tipo
de aval mancomunado sexa de persoa física e/ou persoa xurídica-entidade-.

2. Xuntar ao devandito formulario o DNI / Pasaporte – persoa física- e/ou CIF -persoa xurídica-, en formato escáner.

3. Envío da dita documentación ao correo-e lucia@espazo.coop ata o 24 de xuño de 2026.

No caso dos avais asinados de forma manual, ademais de realizar o protocolo anterior, farase envío por correo postal
ou entrega en man do orixinal no seguinte enderezo de EspazoCoop: Rúa República del Salvador 3-2º D 15701 Santiago de Compostela

Aínda teño dúbidas, como podo resolvelas?

Escríbenos a info@espazo.coop ou chámanos ao 981 57 55 78 con calquera pregunta para a que non atoparas resposta
e atenderémoste.

Precisamos novas formas de financiamento para unha nova economía

Moitas grazas polo teu apoio!