`A través do cooperativismo´convence a máis de 600 estudantes na Coruña

 


“A través do Cooperativismo”
chega a súa recta final por este ano, un programa impulsado pola Unión de Cooperativas EspazoCoop no marco do convenio de colaboración co Concello da Coruña que potencia o emprendemento cooperativo entre o alumnado dos Centros de Ensino Secundario e de Formación Profesional.

As actividades nas que participaron as persoas estudantes, tanto os seminarios «E ti, coñeces a fórmula cooperativa?» como as táboas redondas «Montar unha cooperativa é unha boa opción», xeraron moita expectación: impartíronse 15 Seminarios, en 3 centros de ensino para 349 alumnas e alumnos, no tocante ás táboas redondas organizáronse 10 Táboas, en 5 centros de ensino para 360 persoas alumnas.

Os seminarios están pensados para ofrecer unha charla divulgativa, e as táboas redondas están deseñadas para contar con cooperativas en funcionamento que presentan os seus proxectos e establen un diálogo co público, nesta edición do programa tivemos a oportunidade de presentar a 16 casos cooperativos.

Os centros que acolleron este programa na súa edición de 2022 foron:

  • CIFP Someso | 195 participantes
  • IES Urbano Lugrís | 100 participantes
  • CIFP Imaxe e Son | 54 participantes
  • CIFP Ánxel Casal Montealto | 136 participantes
  • IES Eusebio da Guarda | 38 participantes
  • CIFP Paseo das Pontes | 32 participantes
  • IES Fernando Wirtz | 54 participantes

As experiencias cooperativas que pasaron polas táboas redondas foron: Galicloud, Strelia, Aventeira, As do Social, Donde Viven los Cuentos, Monte Branco, Coproden, Arela Saúde, Milhulloa, Simbiosis, Amarelas, Skeirrum, Espaço Vivo, Melandrainas, Ítaca Software Libre e 50pés.

Recalcar que o ensino secundario é un dos ámbitos da nosa sociedade nos que fai falla incorporar programas sobre adquisición de competencias cooperativas emprendedoras, contribuíndo así a complementar a oferta educativa dos centros.

O dinamismo actual do cooperativismo conta con moitos referentes e modelos nos que o alumnado pode tomar ideas, que lles leven nun futuro a acceder ao mundo laboral a través do cooperativismo.

Folleto informativo do programa, neste enlace

El pase de diapositivas requiere JavaScript.