Convocatorias abiertas a los Pop Ups de Lugo y Santiago

Na web da consellería de Economía, Emprego e Industria, xa está publicada a convocatoria para participar nas tendas efémeras (POP UP) organizadas pola SXE e que se celebrarán en:

Santiago de Compostela os días 17, 18 e 19 de outubro.

Lugo os días 24, 25 e 26 de outubro​.

 

Os POP UPs son un conxunto de actividades que lles permitirá ás empresas que se encontran en fase de creación ou consolidación ter unha experiencia real de venda e lograr unha importante aprendizaxe que as axude a perfeccionar o seu modelo de negocio.

A quen vai dirixido?
A persoas ou empresas da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal que queiran desenvolver un proxecto de economía social mediante a proba do seu produto ou servizo.

Podedes atopar máis información en https://ceei.xunta.gal/recursos/iniciativas?content=sx-emprego/iniciativa_0073.html e http://www.espopup.com

O prazo para inscribirse finaliza o 11 de outubro de 2019​.

 

Proxecto LACES | Subdirección xeral de Economía Social |

Secretaria Xeral de Emprego – Consellería de Economía, Emprego e Industria