As cooperativas constrúen un mundo mellor para todas as persoas
O movemento cooperativo convértese en protagonista mundial cada ano a principios de xullo, para celebrar o Día das Cooperativas, este 2024 é o 102 día internacional das cooperativas!. A celebración quere destacar o impacto positivo do modelo cooperativo no mundo, as súa achegas aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, a capacidade de innovar, a súa resiliencia, democratización e empoderamento entre outras. O tema elixido este ano «As cooperativas constrúen un mundo mellor para todas as persoas» define a vocación e as condicións do modelo cooperativo.
O sábado 6 de xullo as cooperativas terán a oportunidade de recordar como contribuíron ao longo da historia a construír un futuro sostible, e como hoxe seguen a facelo, mostrándoo ao todo mundo.
A identidade cooperativa, os valores e os principios cooperativos constitúen un sistema sólido para o cumprimento dos ODS. Durante o Día Internacional das Cooperativas #CoopsDay deste ano, as cooperativas poderán presentar os seus elevados estándares para lograr un crecemento sostible e inclusivo, así como das accións que levan a cabo para protexer o medioambiente e loitar contra o cambio climático.
Grazas á gobernanza democrática e a propiedade compartida, as cooperativas constitúen un exemplo de paz e estabilidade, xa que reunen a persoas de distintas orixes en igualdade de condicións e fomentan a comunicación e o respecto.
No Informe de 2023 do Secretario Xeral da ONU sobre as Cooperativas no Desenvolvemento Social, recoñécese que, historicamente, as cooperativas sempre fomentaron o desenvolvemento económico e social das persoas, incluídos os grupos marxinados. As cooperativas demostran constantemente a súa resiliencia en tempos de crises sociais e económicas. As Nacións Unidas recoñecen que o movemento cooperativo é un socio fundamental para lograr a aceleración do desenvolvemento sustenible e convida os seus estados membro a apoiar e fortalecer os ecosistemas empresariais cooperativos, xa que isto pode mellorar a súa capacidade para crear un impacto ambiental, económico e social na sociedade.
«Ao celebrar as contribucións importantes –e a miúdo silenciosas– das cooperativas, debemos aproveitar para reflexionar sobre o que fixemos para construír un mundo mellor e que podemos facer mellor xuntas», explica Jeroen Duglas, Director Xeral da Alianza Cooperativa Internacional (ACI). «Aproveitemos este día para inspirarnos, colaborar, valorar todas as posibilidades para cumprir os ODS e pasar á acción para alcanzalos».
Este día debe servir para tomar impulso e partir con bo pé cara a 2025, que soubemos estes días que a ONU declarou o Ano Internacional das Cooperativas.
Ano Internacional das Cooperativas de 2025
En novembro de 2023, a Asemblea Xeral da ONU adoptou a resolución A/RES/78/175 sobre cooperativas no desenvolvemento social, na que se solicitaba que 2025 fose proclamado Ano Internacional das Cooperativas. Nesta resolución anímase a todos loes Estados membros, así como ás Nacións Unidas e outras partes interesadas, a utilizar o Ano Internacional das Cooperativas para promocionar as cooperativas e concienciar sobre a súa contribución para alcanzar os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible e o seu papel no desenvolvemento económico e social en xeral. O Día Internacional das Cooperativas servirá de plataforma para mostrar o papel fundamental que seguen desempeñando as cooperativas para cumprir o obxectivo universal de construír un mundo mellor e reiterar os esforzos que levan a cabo para crear un futuro mellor.
Fonte: web ACI