Programa APOIO Á FUNCIÓN XERENCIAL EN COOPERATIVAS «Creando Mellora», 2023
[ Análise, planificación e xestión participada ]
A Unión de Cooperativas Galegas Espazocoop abre a convocatoria para solicitar un recurso de apoio para cooperativas, o programa APOIO Á FUNCIÓN XERENCIAL EN COOPERATIVAS «Creando Mellora» (11ª edición), un programa de Bolsas para realizar procesos de mellora en cooperativas que brinda soporte para consolidar proxectos empresariais cooperativos.
[ Destinatarias ]
Un programa dirixido a Cooperativas, con preferencia a cooperativas socias de EspazoCoop.
[ Por que solicitar a participación no Programa? ]
Se sodes unha cooperativa que quere mellorar e mesmo impulsar a área da xerencia, este programa pode interesarte. O recurso permitirá contar cunha persoa titulada con formación empresarial, durante 6 meses, para realizar un Plan de Mellora e funcións xerenciais na vosa empresa.
Se non contades con persoal cualificado e específico para desempeñar a xestión empresarial e directiva na cooperativa esta pode ser unha boa oportunidade. Solicita unha bolsa ata o 1 DE FEBREIRO DE 2023.
Contar cunha persoa bolseira permite analizar, deseñar, planificar e desenvolver accións de mellora na xestión da organización, e o fará co apoio de titorización de EspazoCoop, en coordinación coa cooperativa e adaptándose ás necesidades e demandas desta.
DOCUMENTOS DO PROGRAMA
- Folleto de difusión, neste enlace
- Bases da convocatoria do programa APOIO Á FUNCIÓN XERENCIAL EN COOPERATIVAS ‘Creando Mellora’, neste enlace
- Solicitude do programa, neste enlace
- A solicitude do programa ademais conleva cumprimentar e enviar un Formulario habilitado para recabar información, neste enlace
[ As Bolsas do programa APOIO Á FUNCIÓN XERENCIAL EN COOPERATIVAS – CREANDO MELLORA son unha ferramenta de utilidade nunha empresa cooperativa ]
O recurso das Bolsas ten amosado que é unha ferramenta de utilidade, despois de dez edicións do programa xa participaron 54 cooperativas e entidades de economía social que valoraron de xeito moi positivo a experiencia, tanto polo apoio que deu aos proxectos e á actividade económica, como polos resultados do traballo realizado polas persoas bolseiras.
A diagnose feita para a cooperativa, as propostas de mellora que se plantexaron, incluso que se levaron a cabo, así como a aprendizaxe mutua no ámbito xerencial que experimentan, fan que lles resulte un instrumento de apoio na evolución empresarial ben interesante. O balance acumulado, lévanos a dar continuidade ao programa e a por en marcha unha nova convocatoria.
Máis información e consultas: roberto@espazo.coop | 986 866 149
—
*11 edición do programa creado e convocado por: Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop.
*Iniciativa apoiada no marco de:
Programa 2023 da Rede Eusumo – Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia, co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social -POISES- convocado por CEPES e financiado polo Fondo Social Europeo (FSE).