A Xunta lanza os recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa
Ao abeiro do programa Medrando Xuntas, a Xunta de Galicia lanza os recoñecementos Medrando Xuntas Impulsa 2026, unha iniciativa que nace para visibilizar, apoiar e recoñecer aqueles proxectos da Economía Social galega liderados por mulleres ou que teñen un impacto positivo nas súas vidas.
A convocatoria busca destacar iniciativas transformadoras que están a contribuír ao desenvolvemento social, á innovación e á sostibilidade no sector da Economía Social, a través de tres categorías:
- Maior impacto social
- Innovación e creatividade
- Sostibilidade e economía circular
Poderán participar proxectos constituídos baixo fórmulas de Economía Social que desenvolvan a súa actividade en Galicia e estean actualmente en funcionamento.
O prazo de presentación das candidaturas permanecerá aberto ata o 31 de maio e o acto de entrega dos recoñecementos celebrarase o 19 de xuño na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela.
Consulta as bases e presenta a túa candidatura neste enlace