EspazoCoop planifica a estratexia para 2023 nunhas xornadas en Pontevedra

 

 

A Unión de Cooperativas EspazoCoop celebrou os días 26 e 27 de xaneiro as xornadas de planificación anual, coa participación do persoal técnico e o Consello da entidade.

O Concello de Pontevedra, co que a Unión ten establecido un protocolo de colaboración, acolleu as xornadas no Pazo da Cultura.

A Unión de Cooperativas Galegas EspazoCoop celebrou os días 26 e 27 de xaneiro na cidade de Pontevedra as Xornadas Internas de Planificación Estratéxica que organiza a principios de cada ano para desenvolver traballo de tipo interno que permite facer balance, organizar o novo ciclo, e establecer as principais liñas de acción para o ano.

Este 2023, e despois de tres anos, EspazoCoop retomou os encontros presenciais do persoal do equipo técnico e os membros do consello reitor da Unión. Dous intensos días de traballo para programar actividades, definir programas, buscar estratexias de actuación, organizarse como equipo, marcarse obxetivos ou establecer presupostos, todo elo en sintonía co Plan Operativo Anual – POA – que se establece co Consello da Unión cada ano.

No encontro tratouse o Programa de Actividades 2023, programas de fomento do cooperativismo que EspazoCoop executará coa Rede Eusumo, os convenios de colaboración con Concellos (Coruña, Santiago, ou Pontevedra) e a Deputación da Coruña, o Programa Poises do FSE, Programas de acompañamento (ES Mentoring), os Servizos que brinda a Unión tanto para crear cooperativas como para consolidar cooperativas, as accións de Representación institucional e política, a atención da Base Social e moitas máis.

A avaliación do Sistema Organizativo da Unión foi unha das actividades importantes da axenda de traballo, a consultora Etcèteres – cooperativa catalana – encargouse de realizar unha intervención co equipo técnico e o equipo directivo para contar con elementos e información para a valoración organizativa.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

 

As Xornadas Internas de Planificación pretenden ser ademais un tempo para que os equipos de EspazoCoop podan intercambiar dunha maneira máis estreita reflexións, dificultades e necesidades, así como valorar o grao de cumprimento dos obxetivos marcados en 2022, compartindo espazos máis informais nas comidas, ceas e descansos do encontro, que nesta ocasión celebrouse en Pontevedra con motivo do acordo de colaboración asinado recentemente entre EspazoCoop e o Concello de Pontevedra para promocionar o cooperativismo.

Para finalizar o encontro de traballo no Pazo da Cultura, abordouse a Avaliación do POA 2022, o Avance do POA 2023 e presentáronse as Liñas de Actividades para 2023 nunha Sesión conxunta e plenaria entre o consello reitor e o equipo técnico da Unión de Cooperativas.

A Planificación da Unión de Cooperativas EspazoCoop para este ano 2023 será completada o 3 de febreiro, día no que se celebra a Asemblea xeral extraordinaria coas cooperativas socias. Coa participación das asociadas, preténdese incorporar a súa visión, as achegas e as valoracións que xurdan. Está prevista que se celebre na Fundación Paideia da Coruña en horario de tarde.