[Oferta de contratación]

Servizo de deseño da comunicación institucional e prestación de servizo de gabinete de comunicación externa institucional da Unión de Cooperativas EspazoCoop.

 

 

EspazoCoop lanza unha oferta para a contratación dun servizo de comunicación institucional. A recepción na Unión de Cooperativas de candidaturas e propostas estará aberto ata o 27 de marzo de 2026 ás 10 horas.

Obxeto do contrato: Convócase un concurso público para a contratación dun servizo para o deseño dunha comunicación estratéxica para o posicionamento público de EspazoCoop, e prestar o servizo de gabinete que deriva das accións resultantes de comunicación externa. Estas incluirán as actividades institucionais da Unión de Cooperativas EspazoCoop, así como, de maneira puntual, outros temas de interese propios da actividade habitual da entidade.

Procedemento: Procedemento aberto e simplificado de adxudicación.
Entidade contratante: Unión de Cooperativas EspazoCoop.
Prazo de execución do servizo: Até o 31 de decembro de 2027. (De ser preciso, e previo acordo mutuo entre as partes, o servizo poderá prorrogarse durante un ano máis).
Presentación de ofertas: A través do correo nuria@espazo.coop, co asunto «Oferta Comunicación Institucional».

Data límite de presentación de ofertas: Até 27 de marzo de 2026 ás 1o horas.
Descarga a oferta de contratación: NESTE ENLACE