Webinar: Microcredenciais e aprendizaxe permanente:
Certificación do valor da Economía Social a través da Formación
O próximo 26 de marzo de 2026, de 9:30 a 11:00 e vía Teams, a nosa Confederación, COCETA, celebra un novo webinar que denomina “Microcredenciales e aprendizaxe permanente: Certificación do valor da Economía Social a través da Formación”, no marco das actividades que desenvolvemos para SEPE e FUNDAE.
Desde COCETA entenden que as microcredenciales están a consolidarse como unha ferramenta clave da aprendizaxe permanente en España e Europa, e para a Economía Social representan unha gran oportunidade para profesionalizar o sector, recoñecer competencias, mellorar a empregabilidade, atraer talento e responder de forma flexible ás novas demandas formativas. Por iso, a través deste webinar pretenden ofrecer unha visión clara sobre que son, como se implantan e que oportunidades reais ofrecen ás persoas traballadoras do noso ámbito.
Ao longo da sesión, abordarán o marco normativo e estratéxico das microcredenciais en España, seguido dunha reflexión sobre “Microcredenciales e Economía Social: Que oportunidades reais existen?”, para posteriormente presentar unha experiencia práctica ou caso aplicado que permitirá aterrar os conceptos en exemplos concretos.
Participación de EspazoCoop
Neste webinar participará a responsable de formación da Unión de Cooperativas EspazoCoop para comentar a experiencia práctica de EspazoCoop neste campo, xa que actualmente conta con 3 microcrendenciais universitarias, coas universidades de Vigo e Santiago de Compostela, en materia de cooperativismo e economía social:
- Curso Impulsar e Xestionar Comunidades Enerxéticas (coa UVigo – info)
- Microcredencial universitaria en Xestión Económica e Financeira das Cooperativas de Traballo (coa USC – info)
- Microcredencial universitaria en Economía Social e Emprendemento Cooperativo en Galicia (coa USC – info)
Ademais, a Xunta de Galicia publicou un decreto que permite ás empresas crear e impartir este tipo de formación, polo que pode ser de interese para as cooperativas socias (Np aquí).
Inscríbete
Dende COCETA consideran que é unha excelente ocasión para coñecer de primeira man como as microcredenciais poden contribuír ao fortalecemento e competitividade das nosas cooperativas e entidades da Economía Social, así como para identificar posibilidades de colaboración con universidades e centros formativos.
Animámosvos a que reservedes a data e vos inscribades no webinar.
Ligazón de rexistro a este webinar o xoves 26 de marzo de 2026 👉Webinar «Microcredenciales e aprendizaxe permanente: Certificación do valor da Economía Social a través da Formación» | Unión á reunión | Microsoft Teams