Curso: Impulsar e xestionar Comunidades Enerxéticas Renovables​ | Formación de posgrao

 

Formación especializada para liderar a transición enerxética!

O curso Impulsar e xestionar Comunidades Enerxéticas Renovábeis é un título oficial de posgrao da Universidade de Vigo, dispoñible como microcredencial (MCUa través do Centro de Posgrao e Formación Permanente (CPFP). Trátase dun título oficial, recoñecido e avalado pola Xunta de Galicia, o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades (MCIU) de España e a Unión Europea.

EspazoCoop en calidade de socia do Proxecto EC4Rural liderado pola UVigo, colabora na impartición e difusión desta formación de posgrao, un título que ofrece formación especializada orientada á capacitación de persoal para acompañar e dinamizar a creación e desenvolvemento de Comunidades Enerxéticas Renovábeis (CER), con especial foco no ámbito rural, e impulsando os modelos organizativos da economía social e o cooperativismo.

O curso destaca pola súa orientación multidisciplinar e comunitaria, promovendo a participación da cidadanía e das entidades locais na transición enerxética sostible. O seu programa permite adquirir as competencias necesarias para xestionar de forma completa unha CER, incluíndo:

  • Co-creación cidadá e gobernanza local
  • Diagnose da comunidade e contexto enerxético
  • Deseño do modelo de negocio e xurídico
  • Execución e desenvolvemento da comunidade enerxética
  • Monitorización e seguimento continuo

Datos de interese

   ⦁ Duración: Do 2 de febreiro ao 29 de maio 2026

   ⦁ Prazas: 30

   ⦁ Formato: Híbrido (presencial e en liña), principalmente síncrono

   ⦁ Horas totais: 83.2 h

   ⦁ Créditos: 3

   ⦁ Lingua oficial:  Galego

   ⦁ Bonificación:  Máis do 70% para persoas de 25 a 64 anos, sen necesidade de titulación universitaria previa (financiado pola Xunta de Galicia)

   ⦁ Período de pre-inscrición:  Do 13 ao 20 de xaneiro 2026 (ambos inclusive)

   ⦁ Máis información e pre-inscrición: : AQUÍ

Non perdas a oportunidade de converterte en especialista en Comunidades Enerxéticas Renovables.

 

Sobre EC4Rural: Transición enerxética limpa no rural a través das comunidades enerxéticas

– Financiado por LIFE Clean Energy Transition sub-programme

– O proxecto europeo EC4RURAL ten como prioridade asegurar que as comunidades rurais europeas participen e se beneficien da transición cara ás enerxías limpas a través da creación de comunidades enerxéticas.

– Consorcio multidisciplinar formado por un grupo de 10 entidades que compoñen un consorcio multidisciplinar situado en 3 países diferentes da UE (España, Estonia e Bélxica), liderado pola UVIGO, e integrado ademais pola Universidade de Tartu (EE), a Federación Galega de Municipios e Provincias (ES), a Asociación de Cidades e Municipios de Estonia (EE), a Axencia Rexional da Enerxía de Tartu (EE), Sapiens Enerxía (ES), a Unión Leader de Estonia (ELU), Espazocoop Unión de Cooperativas Galegas (ES), Fundación Juana de Vega (ES) e a Asociación Europea Leader para o Desenvolvemento Rural (BE).