Roteiro Cooperativo por Santiago de Compostela
O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop promoven o ROTEIRO COOPERATIVO, unha iniciativa que se desenvolve no marco do programa `Impulsando un ecosistema emprendedor na economía social´na que é súa segunda edición, dando continuidade á alianza que veñen desenvolvendo nos últimos anos para fomentar o modelo cooperativo na comarca de Santiago.
A actividade, que inicia o próximo 6 de xullo, consiste nunha ruta guiada por Santiago de Compostela para coñecer 4 cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo e a economía social. A través dela identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo con proxectos viables, realizando tamén un labor didáctico ao redor do autoemprego colectivo.
- Roteiro 1: xoves 6 de xullo, de 16:00 a 19:00 h.
- Roteiro 2: xoves 27 de xullo, de 16:00 a 19:00 h.
- Roteiro 3: sábado 23 de setembro, dede 10:30 a 13:30 h.
- Roteiro 4: martes 26 de setembro, de 16:00 a 19:00 h.
- Roteiro 5: xoves 5 de outubro, de 16:00 a 19:00 h.
Coñece o traballo e o potencial do cooperativismo nun roteiro por Santiago de Compostela
As cooperativas que se visitarán e que participan no Roteiro Cooperativo son o cinema Númax, o centro de ioga Almazen de Yoga, a tenda de marcas culturais galegas Creativas Galegas e a escola de música Conservatorio Histórico de Santiago.
Folleto informativo do Roteiro Cooperativo, neste enlace