Charlas de sensibilización cooperativa: `Y tú, Conoces la Fórmula?´

 

 

Como primeiro paso para dinamizar e impulsar o emprendemento en cooperativa é sensibilizar sobre esta alternativa de autoemprego e emprendemento en colectivo. A través dun programa de sensibilización achegamos ás persoas como é a realidade dunha cooperativa, as súas particularidades e as potencialidades deste modelo.

O coñecemento é esencial para eliminar prexuízos e desinformacións, así como para promover unha mentalidade de colaboración e traballo en equipo.

A programación 2021-2023 realizada pola Unión de Cooperativas EspazoCoop, dentro do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social POISES, convocado por Cepes e financiado polo FSE, incluiu a realización de 17 charlas divulgativas tituladas “E ti, coñeces a fórmula?”, que están destinadas a aumentar o coñecemento e a comprensión sobre os valores e vantaxes do emprendemento en cooperativa, así como concienciar á xente sobre a súa relevancia para fomentar a economía local e o empoderamento das comunidades e colectivos, especialmente no rural, para mulleres e entre a mocidade, por ser unha ferramenta idónea nos procesos de participación e colaborativos.

Coas Charlas cúbrense os seguintes obxectivos:

  • Dar a coñecer o cooperativismo, o funcionamento das cooperativas e as súas vantaxes en comparación con outros modelos de negocio.
  • Eliminar mitos e prexuízos sobre o cooperativismo e os procesos de traballo participativos.
  • Visibilizar cómo o emprendemento en cooperativa pode contribuír á mellora da empregabilidade e ao crecemento profesional.

As Charlas programadas no período do Programa POISES 2021-2023 beneficiaron a 239 persoas, e 16 organizacións e entidades, desenvolvéndose tanto en modalidade presencial como telemática, son as que se relacionan a seguir:

CHARLAS:  E TI, COÑECES A FÓRMULA?

CFEA de Guísamo Bergondo

15/01/2021

IES Eduardo Pondal (familia) Ponteceso

28/09/2021

IES Illa de San Simón Redondela

06/05/2021

IES Pedra da Auga Ponteareas

02/02/2021

Obradoiro Dual de Emprego Oleiros

18/06/2021

Obradoiro de Emprego TAHUME VI Porto do Son

23/04/2021

ES Conservación e Restauración Pontevedra

21/03/2022

IES 12 de Outubro Ourense

25/02/2022

IES Antón Losada Diéguez A Estrada

22/02/2022

IES Pedra da Auga Ponteareas

01/02/2022

Obradoiro Dual de Emprego Oleiros

01/04/2022

OE ArtabroEmprende Miño

24/05/2022

OE Lalínnova Lalín

30/06/2022

OE Torre de Gioáns Boiro

19/04/2022

CIP Centro de Iniciativas Profesionales A Coruña

20/07/2023

Fundación Ronsel A Coruña

08/03/2023

Fundación Mujeres A Coruña

23/03/2023

 

CO APOIO DE: