3ª Feira da Economía Social do Mar #ESDOMAR
Fundamar, a Confraría de Pescadores de Vigo e a Unión de Cooperativas EspazoCoop convídante á Feira da Economía Social do Mar #ESDOMAR para que formes parte dun espazo de encontro da economía social en Vigo.
A terceira edición da Feira de Economía Social do Mar #ESDOMAR celebrarase o sábado 26 de setembro na Lonxa do Porto Pesqueiro de Canido en Vigo, polo que GARDA A DATA!
#ESDOMAR supón un espazo de encontro e reunión para as entidades de economía social, onde achegar e dar a coñecer os seus produtos e servizos á cidadanía, poñendo en valor o seu traballo e fortalecendo o tecido económico e social do territorio.
O principal obxectivo da Feira #ESDOMAR é dar visibilidade ás entidades de economía social da contorna, para fomentar o consumo responsable e promover a creación de redes de colaboración e apoio mutuo entre as entidades, nunha aposta firme do potencial transformador da economía social e o seu papel fundamental no desenvolvemento local sostible, inclusivo e solidario.
O espazo da Feira #ESDOMAR estrutúrase en tres zonas principais, co obxectivo de favorecer a participación das entidades da economía social e achegar as súas propostas á cidadanía:
- Zona de expositores: disporase de postos nos que as entidades participantes poderán exhibir e comercializar os seus produtos e servizos, así como difundir a súa actividade e dar visibilidade ao seu labor.
- Zona de presentacións: concíbese como un espazo destinado á exposición de proxectos e iniciativas por parte das entidades interesadas. Contará cunha pantalla para a proxección de material audiovisual de apoio.
- Zona de lecer: orientada a diferentes públicos, incluirá propostas gastronómicas, actuacións musicais e obradoiros, co fin de crear un ambiente dinámico e participativo.
Formas parte dunha entidade da economía social e queres dar a coñecer o teu traballo?
Tes interese en conectar con outras iniciativas vinculadas co sector marítimo pesqueiro, explorar sinerxías e tecer rede?
Non perdas a oportunidade de participar nun evento que pon en valor o esforzo colectivo e a innovación social #ESDOMAR é o teu espazo.
Queremos saber máis sobre ti e a túa entidade, así que anímate a cubrir o formulario de inscrición premendo nesta ligazón.
Animamos especialmente ás cooperativas vinculadas co sector do mar a sumarse á Feira. O prazo estará aberto ata o 7 de agosto de 2026.
E se aínda non coñecedes que é #ESDOMAR, bota un ollo os resultados da I Feira #ESDOMAR e II Feira #ESDOMAR
+ Info: icid@fundamar.org
Deja tu comentario