Roteiro Cooperativo por Santiago de Compostela

O Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Cooperativas EspazoCoop promoven o ROTEIRO COOPERATIVO, unha iniciativa que se desenvolve no marco do programa `Impulsando un ecosistema emprendedor na economía social´na que é súa segunda edición, dando continuidade á alianza que veñen desenvolvendo nos últimos anos para fomentar o modelo cooperativo na comarca de Santiago.

A actividade, que inicia o próximo 6 de xullo, consiste nunha ruta guiada por Santiago de Compostela para coñecer 4 cooperativas da cidade e achegarse ao cooperativismo e a economía social. A través dela identifícanse cooperativas que están presentes no día a día da cidadanía, ao tempo que se promociona o modelo cooperativo con proxectos viables, realizando tamén un labor didáctico ao redor do autoemprego colectivo.

Estes son os roteiros aos que se poderá asistir, previa inscrición neste enlace.
As prazas son limitadas a 15 persoas por grupo.
  • Roteiro 1: xoves 6 de xullo, de 16:00 a 19:00 h.
  • Roteiro 2: xoves 27 de xullo, de 16:00 a 19:00 h.
  • Roteiro 3: sábado 23 de setembro, dede 10:30 a 13:30 h.
  • Roteiro 4: martes 26 de setembro, de 16:00 a 19:00 h.
  • Roteiro 5: xoves 5 de outubro, de 16:00 a 19:00 h.

Coñece o traballo e o potencial do cooperativismo nun roteiro por Santiago de Compostela

As cooperativas que se visitarán e que participan no Roteiro Cooperativo son o cinema Númax, o centro de ioga Almazen de Yoga, a tenda de marcas culturais galegas Creativas Galegas e a escola de música Conservatorio Histórico de Santiago.

Folleto informativo do Roteiro Cooperativo, neste enlace