Programa de formación en xestión: «FORMACOOP»
A Unión de Cooperativas EspazoCoop lanza o Programa de formación en xestión: «FORMACOOP» que se imparte nos meses de febreiro a maio de 2026 ofrecendo 4 cursos especializados de teleformación, gratuítos, impartidos dende a Aula Virtual de EspazoCoop.
O programa créase como unha iniciativa integral para mellorar as competencias e o desempeño profesional en xestión cooperativa nos ámbitos económico, comercial, societario, e de planificación estratéxica de empresas cooperativas.
Dende coñecer o proceso contable e a súa relación co resto das áreas da cooperativa para a toma de decisións, pasando pola interpretación de estados financeiros, uso de ferramentas de apoio na xestión contable e a capacitación para a xestión comercial, ata a divulgación de recursos de planificación estratéxica para equipos e socias con responsabilidades directivas nas cooperativas.
Este programa formativo conta co apoio da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, e co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España. Tamén conta co apoio do Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES.
O primeiro curso da programación inicia o día 10 de febreiro, estando a inscrición xa aberta. Trátase dun itinerario formativo en modalidade de teleformación, que se pode realizar por completo (adquirindo un total de 100 horas en materia de xestión cooperativa), ou ben pódese realizar o curso que se desexe, aínda que o ideal e a recomendación sería realizalos todos.
CURSOS DO PROGRAMA `FORMACOOP» :
- Contabilidade Cooperativa Nivel 0 | 25 h. | Teleformación | Do 10 de febreiro ao 2 de marzo de 2026
- Formación Comercial: Coopera, Comunica e Vende | 25 h. | Teleformación | Do 3 ao 22 de marzo 2026
- Formación para Cadros Directivos de Cooperativas | 25 h. | Teleformación | Do 7 ao 26 de abril 2026
- Contabilidade Cooperativa Nivel Pro | 25 h. | Teleformación | Do 5 ao 25 de maio 2026
Contabilidade Cooperativa
Nivel 0
Teleformación| Do 10 de febreiro ao 2 de marzo 2026 | 25 horas.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

Formación Comercial: Coopera, Comunica e Vende
Teleformación| Do 3 ao 22 de marzo 2026 | 25 horas.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e á inscrición, facendo clic nos enlaces:

Formación para Cadros Directivos de Cooperativas
Teleformación| Do 7 ao 26 de abril 2026 | 25 horas.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e a inscrición, facendo clic nos enlaces:

Contabilidade Cooperativa
Nivel Pro
Teleformación| Do 5 ao 25 de maio 2026 | 25 horas.
A continuación podes acceder ao contido do programa desta formación e a inscrición, facendo clic nos enlaces:

ESTES CURSOS CONTAN CO APOIO E ENMÁRCANSE NOS PROGRAMAS:
Programa 2025-2026 da REDE EUSUMO, que é unha rede de colaboración para o fomento do cooperativismo impulsada pola Dirección Xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración co financiamento do Ministerio de Traballo e Economía Social do Goberno de España.
Programa de Emprego, Formación, Educación e Economía Social, EFESO, cofinanciado polo Fondo Social Europeo Plus para o período 2021-2027, a través do organismo intermedio CEPES.