Videopodcast | Vivir no Cooperativismo: Clausura do Ano Internacional das Cooperativas 2025

 

O 11 de decembro de 2025 celebrouse o evento que peche en Galicia e a nivel institucional do Ano Internacional das Cooperativas 2025 declarado pola ONU. Celebrado na Praza da Quintana en Santiago de Compostela foi promovido pola Consellería de Emprego, Comercio e Emigración e o Consello Galego de Cooperativas do que a Unión de Cooperativas EspazoCoop fai parte.

A gala, conducida por O Faiado Podcast, estivo chea de sorpresas, música, e teatro, e contou coa participación dunha morea de cooperativas da comunidade para conectar coa realidade galega e amosar que é posible construír un futuro máis xusto e pleno a través do cooperativismo.

A cita estivo convocada baixo o lema: “Pódese vivir dentro do cooperativismo”, e foi unha celebración aberta a cooperativistas e a toda a cidadanía, especialmente ás persoas máis novas que buscan alternativas reais e transformadoras de vivir e acceder ao emprego.

Agora está dispoñible o videopodcast do acto de clausura do Ano Internacional das Cooperativas 2025, o evento puxo en valor o papel esencial das cooperativas no desenvolvemento económico e social de Galicia, a través de intervencións, experiencias e reflexións arredor do modelo cooperativo.