Presentación 

«EspazoCoop Emprende»

O teu futuro é cooperativa

Data: Mércores 29 de maio 2024
Hora: 10:00 da mañá
Lugar: Hotel Porta do Camiño –  Santiago de Compostela

 

Desde EspazoCoop comprácenos convidarvos a asistir á presentación de EspazoCoop Emprende, proxecto que busca aumentar as competencias emprendedoras, a creación de empresas cooperativas, e garantir a supervivencia empresarial, mediante o asesoramento e o acompañamento a grupos de persoas promotoras que queiran pór en marcha novos proxectos empresariais de autoemprego.

10:00 horas Benvida e  presentación
Introdución a cargo de Ana Olveira, Presidenta de EspazoCoop e presentación do programa EspazoCoop Emprende por Lucía Mendoza, Directora Xerente de EspazoCoop.
Intervención de autoridades convidadas: Xunta de Galicia e CEPES (Confederación Empresarial Española de Economía Social).

10:30 horas Mesa redonda Cooperativas Emprendedoras
Experiencias de 3 cooperativas emprendedoras e participantes nos itinerarios de emprendemento EspazoCoop, problemáticas e desafíos:

  • Desafíos de constitución para cooperativas emerxentes.
  • Estratexias para a construción e xestión dunha cooperativa.
  • Sustentabilidade e resiliencia: como as cooperativas enfrontan os desafíos do mercado a longo prazo.
  • Acompañamento de EspazoCoop a través dos programas EspazoCoop Emprende e Emprender en Cooperativa.

11:30 horas Coloquio con preguntas ás persoas participantes
Colaboración aberta e preguntas do público dirixidas aos representantes das cooperativas participantes.

12:00 horas Clausura institucional

12:10 horas Café-networking

>> Inscrición: Presentación EspazoCoop Emprende